Publicado en: 16 junio, 2016

Xornadas da Resistencia e a represión: Santiago, Redondela e Vigo

Por ECOAR

Que: Xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión”
Cando: Del jueves 16/06/16 al jueves 30/06/16.
Onde: Santiago de Compostela, Redondela y Vigo.

ARRINCAN AS XORNADAS

“OLLADAS DA RESISTENCIA E A REPRESIÓN”

As xornadas organizadas por ECOAR))) en Galiza analizarán diferentes procesos actuais de dignidade e defensa dos dereitos por parte poboación afectada.

O xoves 16 de xuño terá lugar a primeira das sesións que compoñen as xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” que continuarán ata o 30 do mesmo mes, e estarán presentes en Santiago de Compostela, Redondela e Vigo.

As xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” buscan facer unha análise de como é o día a día dos millóns de persoas no mundo que sofren reiteradas violacións de dereitos como consecuencia dos intereses xeoestratéxicos e a aplicación das políticas neoliberais. Ademais estas xornadas pretenden amosar como son os procesos sociais que se producen neste tipo de escenarios, tanto no interior, a través da organización da poboación para facerlles fronte, como no exterior, coa construción dunha cultura e un discurso baseados na xenofobia e o racismo que se afasta en moito da situación real.

Cada unha das palestras achegaranos, a través de diversas voces que estiveron sobre o terreo, posibles alternativas para afrontar ese tipo de situacións así como casos concretos de como se estruturan modelos de construción colectiva que permiten o exercicio, respecto e defensa dos dereitos das persoas nese tipo de marcos.

O programa das xornadas confórmase do seguinte xeito:

– Xoves 16 de xuño, 20:30 (CSOA Escarnio e Maldizer, Rúa da Algalia de Arriba, 11, 15704, Santiago de Compostela)

Porque nom caiu Kobane nem o Curdistam?

Conferenciante: Manuel Carvalho (activista e coordinador do blogue e a comunidade social Curdistam). Presenta: Séchu Sende

– Sábado 18 de xuño, 20:00 (Multiusos da Xunqueira, Paseo Xunqueira, s/n, 36800, Redondela)

Curdistán: As Mulleres en Loita

Conferenciantes: Rök (activista e membro da organización Rojava Azadî) e Sivan Zerdestî (membro do Congreso Nacional Kurdo, que presentará o primeiro tomo da obra de Abdullah Öcalan “Manifesto Por Unha Civilización Democrática”).

– Mércores 22 de xuño, 20:30 (Café Uf, Pracer, 19, 36202 Vigo)

O Camiño Cara a Ningures Da U.E.

Conferenciantes: Juan Teixeira (reporteiro documental especializado en temáticas sociais) e Pablo González (colaborador do diario Gara e Naiz, especializado nas resistencias en Europa do Leste).

– Xoves 30 de xuño, 20:30 (Teatro Ensalle, Rúa de Chile, 15, 36202, Vigo)

Islamofobia, Xénero E Movementos Sociais

Conferenciante: Brigitte Vasallo (feminista anti-racista, mediadora intecultural, periodista colaboradora habitual de medios como Eldiario.es, Diagonal e Pikara).

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”

MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR

PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

-->
COLABORA CON KAOS