Vigo: DEMSU non paga ós seus traballadores

Esta práctica estase a dar en moitas empresas do sector dende xa antes da folga polo convenio e esta a ocasionar serios trastornos os traballadores e traballadoras; xa que o cobrar o seu salario a mediados ou finais de mes deixa ao descuberto as súas capacidades económicas fronte os seus gastos e os de as súas familias.

Na empresa DEMSU esta situación foi denunciada ante a inspección de traballo pola sección sindical da CGT, polo delegado de persoal e os propios traballadores e traballadoras sen que polo de agora a inspección fixera calquera actuación para por freo a esta ilegalidade.

Quizais por esta impunidade a empresa decidiu o pasado 8 de Xullo iniciar un ERE de suspensión de emprego a 8 traballadores ,por seis meses, e a facer efectivo a partires do 1 de Setembro coa escusa da crise e a cualificación de “EMPRESA EN SECTOR DE RIESGO” polas entidades financeiras.

Para a CGT este ERE é inxusto e represivo xa que por un lado entre os traballadores “nominados” están todos os afiliados a CGT, que a empresa ten coñecemento, mais todos os traballadores que nalgún momento reclamaron ou exerceron os seus dereitos lexítimos. Por outro lado moito nos tememos que a posta en marcha de este ERE sexa un primeiro paso cara a un posterior despedimento barato destes traballadores.

Dende a CGT, por suposto, non imos a quedar calados ante este novo ataque da dirección de unha empresa que xa ten un avultado curriculum de irregularidades.&nbsp

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS