[Vigo] Crónica e fotos do acto contra a OTAN do sabado 4 de abril

O pasado sábado 4 de abril, xuntámonos unha vintena de persoas convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar no cruce de Príncipe con Colón, comezamos ás seis da tarde e estivemos alí ata as oito.

Durante o acto repartimos trescentos panfletos sobre o aniversario da OTAN e outros trescentos sobre os Gastos Militares para o 2010 e a Obxección Fiscal aos mesmos.

(Panfleto contra a OTAN :&nbsp &nbsp &nbsp http://www.kaosenlared.net/noticia/vigo-acto-rua-anti-otan-presentacion-da-campana-obxeccion-fiscal-2009)

Para chamar a atención da xente, montamos un xogo da Oca Militarista da Historia da OTAN, “de OTAN a OTAN e bombardeo porque me interesa…” O xogamos dúas veces con dúas belixerantes concursantes en cada ocasión, as casillas correspondían a feitos históricos desa organización que daba lugar a gañar ou perder puntos de guerra ou puntos de morte. Para descansar entre xogo e xogo tamén montamos o quebracabezas sobre as equivalencias do gasto en armas respecto a gastos civiles, “1 portaavións corresponde a 50 hospitais ou 500 escolas”, etc.

O acto foi entretido e a xente da rúa parouse bastante a ler sobre os feitos destacados da OTAN e a interesarse polos Gastos Militares no Estado Español.

ESPAZO ABERTO ANTIMILITAR

http://www.nonaogastomilitar.org/

CRONOLOXÍA DO "XOGO DA OTAN"

1949: Crease a OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte).
1950: Plan de Defensa Integrada da área do Atlántico Norte, destinando á mesma axuda militar por valor de 900 millóns de dólares.
1951: Ingresan Grecia e Turquía.
1953: Creación do programa de infraestructuras co fin de proporcionar aos países membros da Alianza aquelas infraestruturas e equipos destinados ao uso común e cuxo financiamento debe ser afrontado con recursos da Alianza.
1955: 6 de maio. Ingreso da República Federal Alemana.
1955: 16 de decembro. A alianza decide dotarse de armas atómicas.
1961: Creación dunha Forza Mobil de Intervención.
1966: Francia sae da OTAN.
1967: Adopción do concepto estratéxico de "resposta flexible" e creación da Forza Naval Permanente do Atlántico.
1969: Operación Gladio: “Masacre da Piazza Fontana” deixa 17 mortos en Italia.
1979: “Doble Decisión” supon o despliegue en Europa dos sistemas de misiles de alcance medio.
1980: Operación Gladio “Masacre de Bolonia” deixa 85 mortos en Italia.
1982: Ingreso do Estado Español.
1987: “Opción doble-cero” pola que se eliminan de terra os misís de alcance medio estadounidenses e soviéticos.
1990: A OTAN xunto co Pacto de Varsovia acordan reducir tropas en Europa.
1994: Aprobase o Programa de Inversions de Seguridade da OTAN.
1995: Cen avións participan en Bosnia na maior acción bélica da OTAN.
1999: 12 de marzo. Adhesión de Polonia e da República Checa.
1999: 5 de abril. Diferentes accions en Iuogoslavia co resultado de varias mortes de civís.
1999: 10 de xuño. Fin de bombardeos. A alianza admite deixar máis de 10.000 mortos e feridos.
2002: Aprobada unha Forza de Resposta Rápida capaz de intervir en calquer parte do mundo.
2004: 29 de marzo. Eslovenia, Eslovaquia, Rumanía, Bulgaria, Estonia, Letonia e Lituania ingresan na OTAN.
2005: A OTAN implicase en Iraq mediante o adestramento das tropas iraquíes.
2006: 2 de septembro. Comezo da “Operación Medusa” en Afganistán.
2006: Preto de 1.000 mortes de civís polas forzas da OTAN e dos EEUU.
2007: Entre 1.010 e 1.297 mortes de civís polas forzas da OTAN e dos EEUU.
2008: 3 de marzo A OTAN respalda o proxecto estadounidense de instalar en Europa do Leste un radar e interceptadores para un escudo de defensa antimisiles balísticos.
2008: Preto de 1.000 mortes de civís polas forzas da OTAN e dos EEUU.
2009: 60 aniversario da organización militarista.

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS