(Video) Manifestación contra el desalojo del CSO A Insumisa
(A Coruña, 26.05.2018). Ao redor de 300 persoas achegáronse ao Obelisco da Coruña para secundar a mobilización solidaria co CSO A Insumisa. Pasadas as oito da tarde saíron en manifestación baixo o lema «En defensa dos espazos liberados. A Insumisa resiste», escoltadas por unha forte dotación de antidisturbios. Durante o percorrido da marcha escoitáronse berros en favor da okupación e os centros sociais, contra o goberno municipal da marea Atlántica e a represión. No manifesto as activistas afirmaron que seguirán » abrindo espazos de liberdade e autoxestión».