Para qué vale escribir (…A Diana Cordero)

Por Herminio

No se trata de otro artículo de Hermógenes, porque éste ya quedó amortizado justamente,  bajo el pretexto de utilizarlo de entrada en el anterior. Tómese, sin embargo, este otro, como algo ya publicado en otro tiempo, de otro autor y en otro medio, pero el cual no había sido en  Kaos, sino en “La Voz de Barbanza”, un diario comarcal de “La Voz de Galicia”. Sírvame, ahora, una vez más, de pretexto. Que, si el pretexto fue escribir, el fin y la utilidad  resultarán muy distintos, tanto como que la última me sirva de lo primero y el fin de dedicatoria, pero de  modo que sólo llegue a entenderme el sujeto de la misma, ya que para los demás, en esta ocasión, no escribo. 

A CARABINA

(07-08-2015)

Os outros.

De seguida, antes de saír a rúa, como quen acabase recitando as ladaíñas dun habitual rosario, sempre dá en repetirlle os mesmos recordatorios: “¿Fixeches cargo dos dentes?” Por se teñen que “picar” algo nalgunha taberna, e ben sabe que sen eles moi malamente se apaña; aparte dos consabidos ronquidos que exhibe no seu falar, ninguén entende o que di. “Mira se levas as lentes”. Porque, dende que foi para vello, como lles pasa os demais da mesma andaina, anda coa vista cansada. “¿E vai contigo a petaca?” A consecuencia do tratamento dun cancro, da cirurxía e maila radioterapia que sufriu anos atrás, xusto ó redor da garganta, non lle funcionan tampouco as glándulas da saliva. E inda segue, se acaso, porque el, de alí en diante, tivo outras mesmamente. Fóra disto, non falemos dos almorzos nin das ceas, con todas esas pastillas coa función de suplir outras carencias normais a certas idades ou, xa no mal, producidas por efectos secundarios da primeira operación. Todo llo ha recordar.

Mais non, polo que vai antes, ha caer en confundila cos outros. Porque ela non é tal, senón o anxo da garda que o acompaña a todas partes. Nada que ver con aqueles, dos que  non chegara a ter unha conciencia real de se existían ou non, ata despois de saír da última operación. Non obstante, desta vez, xa lle lo advertiran antes: “Nada que ver coa primeira. Por ser esta nos pulmóns, é moito máis delicada e esperemos que non haxa que ir a máis.” Polas trazas, e cos seus antecedentes, esta foi a conclusión que lle dera o anestesista.

Foi despois de sentirse invalidado, xa na súa habitación, coidado das enfermeiras que o  apartaban a todo instante da dor, xusto na mañá seguinte, cando lle dou por caer na conta definitiva da existencia doutros máis, igualmente imprescindibles. Isto son: os auxiliares, encargados de mover os corpos deteriorados na hora de hixienizalos e nas outras de servirlles o alimento que os ha recuperar. E todo isto veu neles: A necesidade pura de sentirse comunista, porque sen eles “síntome o mesmo que nada”.

AMBROSIO CASENADA.

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS