Un once de setiembre desastrosos para los montes Ourensanos!

9

&nbsp A Xunta de Galiza está a ocultar información sobre o número de focos activos e as hectáreas queimadas. Se a primeiros da tempada estival Adega, mediante a comunicación dos habitantes e afectados das aldeas rurais, detectaba importantes incendios dos que non se ofrecía información (incendio no Teixadal de Casaio, gravísimo incendio en Vilardevós que calcinou un cuarto do territorio do concello), na altura do final do verao contínuase coa política de censura informativa e ocultación das cifras reais de datos obxectivos e contrastables coa información manexada polos propios concellos damnificados
FALLAN OS SERVIZOS DE VIXILANCIA.
A actual Consellaría de Medio Rural desmantelou o dispositivo de vixilancia forestal implantado polo governo do ourensán Alfredo Suárez Canal e que tan bóns rendimentos deu, coñecido como Voluntariado en Defensa do Monte Galego. O Voluntariado estaba coordinado desde un Servizo Central e abranguía toda unha rede de vixilancia composta por comuneiros, veciños e agrupacións de voluntarios que daban cobertura a totalidade do territorio galego . En troques, a Xunta actuante implementou un servizo mixto de vixilancia com contratacións de monitores e voluntarios que están a demostrar a súa ineficacia desde o primeiro momento pola súa descoordinación e falta de interesse na labor que supostamente tiñan que cumprir. Alem diso, a falta de medidas de prevención é palpábel nesta vaga de incendios. Moitos dos lumes están a pór en perigo vivendas e propiedades que non teñen as franxas de protección limpas darredor e desbrozadas, pola ineptitude das administracións públicas responsábeis (concellos incumpridores da normativa exitente e administración autonómica consentidora).

Eis un exemplo dos lumes acontecidos no día 11 de setembro e as horas nas que se prendeu lume;

Coles 15.00
Nogueira de Ramuin -Luíntra 14.30
A Bola 15.00
Trasmiras 16.00
A Mezquita 16.15
Verin 18.30
O Barco 19.00
Ourense 19.00
Ribadavia 19.15
Celanova 18.30
Paderne de Allariz 18.30
San Cibrao das Viñas 17.30