Solidariedade cós metalúrxicos: É PRECISA UNHA FOLGA XERAL

Solidariedade cós metalúrxicos: É PRECISA UNHA FOLGA XERAL

A dureza da represion contra os traballadores do metal de Pontevedra en Folga só demostra a incapacidade da patronal e os gobernos, no cadro da crise que eles xeraron, de facer a menor concesion aos traballadores e as traballadoras.

Na Galiza non son os únicos em loita contra as consecuencias da crise do capitalismo. O cadro de persoal de Caramelo esta en folga contra os EREs, os traballadores de EMESA en loita contra os despedimentos, igual que Talleres Carral, Leite Pascual, que conqueriron a retirada do ERE, etc.

A listaxe é longa de sectores de traballadores e traballadoras en loita contra unha patronal que, co gallo de crise, pretende a conxelacion dos salarios, o aumento da xornada laboral, ou unha maior precarizacion das relacions laborais; nunha palabra, queren sair da crise que eles criaron, rebaixando as conquistas da clase traballadora.

Neste cadro son mentira absoluta as palabras de Zapatero na eleccions europeas, presentandose como o valedor dos traballadores e as traballadoras, mentras coa man dalle millons á banca e empresarios. Estas palabras so van dirixidas a manter o acordo coas direccions sindicais de CCOO e UXT, que son as grandes responsabéis de que no Estado Español non haxa unha contundente resposta ao ataque da patronal, como fixeron a clase traballadora en Francia ou Grecia. Na realidade a única resposta que o goberno coñece é a da represion policial, a criminalizacion das ideas e a ilegalizacion de candidaturas democráticas e de clase, como Iniciativa Internacionalista.

O 21 de maio os traballadores e as traballadoras vascas foron á folga xeral en Euskadi, na Galiza as mobilizacions obreiras non deixan de crecer, é hora de romper calquer confianza no Goberno do PSOE, e pórse á tarefa de preparar unha Folga Xeral contra os despedimentos, as conxelacions salariais e a precariedade.

Mas, nas condicions atuais, un día de folga non chega para frear o que a patronal quere, unha saída á crise favorable aos seus interese, uns plans que, pouco a pouco, comezan a tomar corpo desde o goberno: incremento do tempo para a xubilizacion, negativa a prohibir os EREs, mantemento do despido libre, mantemento da contratacion precaria e eventual… Verdadeiras causas do gran aumento do desemprego no Estado Español.

O que esta en litixio é a disiuntiva entre unha saída a favor dos patrons ou unha saída a favor da clase traballadora e o pobo. A dia de hoxe, son incompatibles: ou se aumentan os lucros das empresas, ou se mellora as condicions da clase traballadora, repartindo a xornada laboral sen reduccion de salario, reducindo a idade de xubilacion para a incorporacion da xuventude nas mesmas condicions, a proibicion dos EREs, as subas salariais, etc.

Neste sentido faise imprescindible avanzar na solidariedade entre os traballadores e as traballadoras, na unidade e a coordinacion de todos os sectores en loita polos convenios, contra os despidos e os EREs, e contra a precariedade, no camiño dunha folga xeral que sexa parte dun plan de loita ata derrotar o ataque da patronal e os seus gobernos.

Esta é a responsabilidade que teñen as direccions sindicais, as de CCOO e UXT, mais especialmente aquelas que fan parte historica do sindicalismo combativo como a CIG. Calquer dilacion neste terreo só favorece a politica pactista dos Toxos e os Mendez.

Para avanzar com iste obxectivo, Corrente Vermella chama a poboacion traballadora a participar na manifestacion convocada polas traballadoras de Caramelo, que saíra o 5, ás 20, da Palloza.

correntevermella@corrienteroja.net

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS