Solidariedade activa: Querem clausurar Centro Social em Compostela. Fam falta 10.000 euros
Um último passo separa-nos de ter todos os papéis do local em regra: habilitar um elevador para discapacitados/as. O custo é de 10.000 €, mas só temos um mês para o lograr. O primeiro pagamento da máquina, aliás, deverá ser feito nesta mesma semana (5000€).
Este é o prazo que nos dá a Cámara Municipal para solucionarmos os problemas de acesibilidade; se nom o cumprirmos, o Pichel será clausurado.
No local já estám disponíveis os bonos de ajuda; também disponibilizamos um número de conta de Caixa Galicia:  2091 0316 92 3000223595
(Devedes pôr no conceito  "achega para o elevador")
Que o Pichel continue aberto custa 10.000 €, mas calar a boca do conde Roa nom tem preço!!
Abaixo podedes ouvir as declaraçons do personagem: 
"O proxecto é viábel"
"Nós dende o principio optamos pola vía de conseguir a licenza", sinala Paulo Rico, da Gentalha. "Aínda que habería que salientar que o 80% dos locais de Compostela non a teñen, entre eles, o do propio PP e o da COPE". Comezaron o proceso de exposición de proxectos para conseguir as licenzas, pero a licenza de apertura dun espazo público esixe unhas condicións mínimas de accesibilidade: "na parte de arriba do local non hai fallo, porque se colocan ramplas, pero para a de abaixo precisabamos un elevador, algo que custa 10.000 euros, e démolo por imposíbel".
Pero comezou a "cruzada" do PP compostelán, "co 8 de febreiro (día da manifestación de Galicia Bilingüe) como detonante, recorreuse a nós para ir contra o Concello, basicamente. O titular que buscaban era "o Concello apoia actividades paraterroristas", é dicir, nós somos un dano colateral. Se realmente fose contra nós iríannos pechando un por un, pero foi contra todos: o Henriqueta Outeiro, a Nasa, nós…"
O feito de que se presentase unha denuncia por escrito no Concello foi o que provocou o peche cautelar, para se facer efectivo en trinta días. "Falamos coa empresa para pór o elevador, e acordaron instalárnolo se pagabamos a metade agora e a outra metade máis adiante, así que é unha cuestión de urxencia inmediata, de vida ou morte da asociación". Con todo, Rico afirma que o proxecto é viábel, e que agardan a colaboración cidadá para que o Pichel siga en activo.
http://www.anosaterra.org/nova/a-gentalha-do-pichel-recada-fondos-para