Se fora eu …

Publicidad

Por Herminio

Siempre y cuando tenga en cuenta el artículo  anterior  (https://kaosenlared.net/son-para-un-cesto/ ), me advierte Ambrosio que en  leyendo  este otro, entonces, comprenderé que la censura periodística, muy lejos de haber desaparecido, aún existe, por lo menos en España, al igual que existía en el  franquismo. Es  verdad que su existencia  se da bajo múltiples formas variadas, según cada cual debe actuar en su campo de dominio, en correspondencia con la peculiar función social que le sea encomendada y tenga, en tanto, asumida. Pero todas ellas bajo el mismo denominador común que las orienta y obliga a  operar, globalmente condicionadas, según prescriben las pautas  del sistema dominante culturalmente enmarcado –sin fisuras que puedan  ocasionar una escapada aventurada del mismo– dentro de su propia causa, que lo genera e igualmente lo rige: El sistema  productivo, padre de todas las luces y único dios verdadero del  último pensamiento que ha derivado en primero, por ser Único, Unigénito y Divino o diluyente capaz de todo lo diluido, fuera del cual sólo cabe o bien el recurso a Kaos o, si no, la inmolación a las fuerzas del olvido.

En fin, que no se resigna Ambrosio, y aquí os mando su prueba de cuanto me dijo arriba. Espero que sea la última de su aventura en “La Voz” y pase, de aquí, a contarnos otras; porque el mundo no se acaba, ni debe acabarse antes, por ser el final de nada.

O RETROVISOR

Se fora eu …

Se fora eu quen escribira no Barbanza do 1 xullo que “estou convencido de que, si se produce outro paso polas furnas, o Partido Popular mellorará os resultados deste domingo. E déixense de tolerías e de continuar sorprendidos: ¿e logo, aínda acaban de darse conta de que a corrupción neste país non é só un problema político?”, pensaría, para min, ó verme escrito, que ¡pois vaia, outra vez metín a pata!, por expresar, sen querer, o meu desexo político reforzado cun xuízo populista, coa pretensión de escusalo.

Mais, peor aínda sería, se ó contestarme seguira pondo o acento na causa, apuntándome ó remedio de por que a cousa é así, é dicir: “Non teño dúbida de que ese afán de aproveitarse dos cargos e posicións para beneficio propio é un problema de mentalidade social e a forma de atallalo pasa pola educación nas casas, nos colexios, na universidade e incluso no posto de traballo. A base temos que poñela os pais …” Lonxe de toda verdade, a evidencia sería que caera nunha das fórmulas convencionais máis socorridas do sistema cultural que nos aplican, que nunca xamais foi outro –tampouco en case ningunha parte do mundo enteiro– que aquel que nos impón o económico real. Propoñer outra cultura sen saírse do que hai, se non fose inocentada, é o mesmo que soñar para contalo pretendendo que o soñen os demais. E de habelo escrito eu, acabaría sabendo que son un troca bandeiras, que cambia de pensamento, se lle convén, coma outros moitos que hai.

Xa dunha ou doutra maneira, o que segue do artigo ven a remachar no mesmo, estendendo o que vai dito sobre estas dúas ideas (as de arriba) que, se ben expresadas polo autor, como así son de comúns entre o vulgo, calquera pode aceptalas.¡Que manía artificial de querer supeditar a política á moral, como se, en realidade, non fosen eidos incompatibles e estraños! Por iso tampouco estraña que o autor, botando man da ironía, nos remita o bo facer á comportamentos propios da católica moral. Non outra cousa é dicir: “Porque si, vivimos nunha sociedade na que os lerchos e túzaros están ben vistos, son os reis do mambo, e os decentes son os papaostias, persoas coas que hai que ter coidado, non vaia ser que che contaxien semellante doenza. Pero tamén os políticos teñen a oportunidade de dar leccións de honestidade, e xa dende agora mesmo …

E ata o mesmo final me parece –porque o é– rexeitable. No intento de acatar o chauvinismo de referise ó local na función comentarista, peca o autor de ignorancia, por deformar a verdade, pois nunca foi o posible que os de Madrid se achegasen a Ribeira para tomar leccións políticas de ninguén, senón que é ó contrario. Sempre nos serán ditadas.

Pero non o escribín eu, senón que desta foi outro; un dos que marcan a pauta dos comentarios para as edicións de “La Voz de Galicia”; un dos tantos delegados comarcais. Eu só son o repudiado, por non manterme na liña.

HERMÓGENES.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More