Santa Rita
Por Herminio
Después de que Hermógenes, en más de tres ocasiones, haya intentado saber si su publicación, como comentarista de O Retrovisor, tendría o no tendría continuidad más allá de la primera, del 20-11-2015, en la edición de Barbanza de La Voz de Galicia, y puesto que no soporta ver su quehacer mal logrado, ni por insignificante que a otros pueda parecer, si al propio lo comparasen, o bien por otras razones, vuelve a recurrir a mí para pedirme que sea yo quien le valga. Ahí va, pues, para empezar, o seguir –porque este no este no es el primero, y porque no quede atrás– su Santa Rita, con uno de sus milagros, como así se lo contaron. Y preparé el siguiente, haciéndome su editor a través de kaos, siempre y cuando aquél insista y no quiera serlo él, directamente.
O RETROVISOR
Santa Rita
Non sei por que entrei alí, se son incrédulo nato. Se ben son, naturalmente, só pola parte de pai. “Sendo miña nai de Muros, e, en consecuencia, beata, algo tería que ver a tal entrada co soterrado inconsciente, sempre disposto o dominio” –penso eu, conscientemente, posto que tamén, por outra, son de formación marxista e, por isto, se hei crer, non creo nada que non sexa de carácter material–.
O caso é que entrei no templo de San Martiño. Foi no 22 de maio, Mes de María, ou “das flores”, e día da Santa Rita. Sobre a penumbra da mesa, situada a tal efecto, atopei, afortunado, aquel “Nuntium”, é dicir, o “boletín mensual das comunidades parroquiais de Noia”. A sorte levoume a ler a vida da santa, exposta en breves palabras, xusto na páxina 2, mais ocupando tan só a metade desta. A outra ía do porqué maio era o mes de María.
Sobre a santa, foi para min suficiente, porque me lembrei da versión que miña nai nos tiña contado dela: “Era unha muller sufrida, dunha paciencia infinita, sobre todo, co seu home. Nun bo día, no que este saíu de caza, encargáralle a muller que lle tivese preparado o almorzo canto antes, para cando el chegara, porque chegaría con fame. E santa púxose ó instante niso.
Todo foi a mala sorte … Xa tiña o mantel na mesa, cando entrou na cociña unha galiña e cagoulle enriba del. Apenas, case sen tempo de dobrar o mantel sobre a cagada, chegou, de pronto, o marido para clamar cabreado: “¡Pero que che dixen eu que tiveras sobre a mesa!” “¿Y qué más querías, si me tienes para todo, a tu servicio?” “¡Unha merda puñetera!” –solta o home, cabreadísimo–. “Pues aquí la tienes, hombre” –remata Rita, mentres desdobra o mantel.”
Dende que souben do conto, quedoume claro o da Santa, polo aquel de que fose avogada de imposibles ou milagreira do mesmo, pero tamén da paciencia, porque o home a maltratase. E non é que eu estea co maltrato das mulleres, nin co machismo simplón nin co feminismo senón que, en esta vida, todo é cuestión de oportunidade.
HERMÓGENES