Sábado 20 de Fevereiro Jornadas de Acçom Directa Feminista na Corunha

VENRES 19 de FEBREIRO ás 20.00 horas CACEROLADA CONTRA O DERRUBO DAS CASAS DAS ATOCHAS. A única resposta que da o Concello a demanda de información respecto a licenza e a obra é a represión policial.

ás 20.30 horas presentarase a película-documental O SEGREDO DA FROUXEIRA do director XOSÉ ABAD, que estará na Casa das Atochas (rúa Atocha Alta, Monte Alto) xunto co historiador ENRIQUE BARRERA, das asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, para falar da proxección e discutir temas relacionados coa Memoria Histórica en xeral. A película, dunha hora de duración, estreouse a finais do ano pasado.

http://www.osegredodafrouxeira.com
http://www.youtube.com/watch?v=c05q61dop3Q

Sinopse: Paulino Gasalla atopa por casualidade un pequeno paquete con recortes e recordos familiares. Impresionado polo seu descubrimento inicia unha investigación que lle levará a recuperar a memoria do seu tío avó, Alejandro Porto Leis, derradeiro alcalde republicano en tempos, e tamén a desvelar o seu inxusto final e o de aqueles que foron asasinados con el.

O SEGREDO DA FROUXEIRA parte dunha situación particular para presentar o paralelismo entre unha historia familiar concreta coa Historia de boa parte do século XX español. Dous irmáns, Alejandro e Eliseo, separados por cuestións ideolóxicas en dous bandos da Guerra Civil provocarán unha ruptura familiar que chega ata o presente e que só pode reconstruír o esclarecemento dos feitos que levaron á morte a un deles.

A familia, que descoñecía ata hoxe o acontecido, enfróntase á reconciliación ou a unha ruptura definitiva como consecuencia desta investigación durísima contra as sospeitas e a incomprensión de moitos.

Do mesmo xeito as familias dos outros tres desaparecidos (Modesto del Río, Avelino Landeira e Jesús Miño) afrontan setenta anos de sufrimento e de búsqueda e seguen na procura dos restos destes homes. Ao través do documental os camiños paralelos destas catro familias se xuntan aportando unha novedosa perspectiva ao xeito de contar historias tan cercanas e tan esquecidas.

Eiquí vai o convite para as xornadas de acción directa feminista.
Haberá disposto sitio para durmir.
Unha forte aperta

SÁBADO 20 DE DE FEBREIRO XORNADAS DE ACCIÓN DIRECTA FEMINISTA
C.S.O. Casa das Atochas, rúa Atocha Alta, 14, Monte Alto.

ás 14.00 horas xantar
16.30 horas Patricia Lorenzo de Chévere teatro presenta o proceso
creativo da peza Testosterona (falará dos obradoiros drag king que
fixeron coas mulleres do rural e vilas da Galiza).
17.30 horas presentación dos colectivos e das accións individuais ou
colectivas:
Lerchas (Ourense), Cafés feministas, Nomepisesofreghao,
Transmaribolheras Precàrias e CS Gomes Gaioso (A Corunha), Assembleia
de Mulheres (Vigo), MMM (A Corunha).
19.30 horas debate
21.00 horas Ceador
22.00 horas Festa, a música correrá a cargo DJANES e VJANES
residentes e convidadas.

Domingo 21 de febreiro: xantar e accións na rúa a partir das 14.00 horas.

NOTA: Por favor a xente que non considere o feminismo dentro da súa
loita que evite vir e así non caeremos de novo en debates estériles.

Unha aperta

http://www.myspace.com/casadasatochas

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS