Publicado en: 17 diciembre, 2018

Roteiro “turístico” Vigo de luces e sombras

Por GasVigo

Seguindo coa campaña #AlumeandoAMiseria, sairemos á rúa o venres 21 de decembro a partires das 19:00h desde o cruce de Urzáiz con Gran Vía.

A asemblea por un Vigo +Social e CAÍN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal) organizamos un roteiro “turístico” baixo o lema: Vigo de luces e sombras. Será o venres 21 de decembro a partires das  19:00h e con saída no cruce de Urzáiz con Gran Vía.

Propoñemos un paseo “turístico” polo centro de Vigo, para dar a coñecer a morea de cartos tirados en ornamentos os cales non agochan que moitas viguesas iniciamos e rematamos os meses sen teren cubertas necesidades básicas e que do mesmo xeito a cultura leva anos esquecida pola administración local. Malia isto o goberno municipal enche as rúas do centro de casetas, beléns e demais trangalladas dilapidando os cartos de todas para facer de Vigo un decorado no que non temos cabida as que non consumimos.

Camiñaremos por Urzáiz, Príncipe até a Porta do Sol. No camiño iremos facendo paradas para cantar panxoliñas, coñecer o prezo das diferentes chambonadas e máis sorpresas…

Animádevos a participar e difundide entre os vosos contactos!

http://maissocial.arkipelagos.net/roteiro-turístico-vigo-de-luces-e-sombras

COLABORA CON KAOS