Por un Sector Forestal Unido e Combativo

Debido aos acontecementos dados nos últimos anos no sector forestal e concretamente no sector de prevención e loita contra incendios forestais, cunha administración adicada a privatizar o sector, e precarizar os dereitos dos traballadores, vemos a necesidade de constituir a sección sindical da CNT no ramo forestal, e especificamente na empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A.(SEAGA).

No comité de empresa: pasividade, e incluso complicidade, entre os sindicatos partidistas que o gobernan, actuando en beneficio propio no lugar de defender aos traballadores, como a súa propaganda predica.

Dende a Sección Sindical Forestal da CNT de Vigo queremos animar a todos os compañeiros a organizarse para defender os nosos intereses coma proletarios, sen esquecer, a defensa do monte galego.

Queremos tender unha man a unidade, mediante a participación e a asemblea, para acadar aquilo que nos interesa a todos: mellorala nosa calidade de vida.

A sección sindical forestal da CNT fai un chamamento á empresa Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA), para que, de forma inmediata, aclare ás traballadoras e traballadores a situación actual da empresa coma o seu futuro inmediato.

Desta ausencia informativa tamén son complices os sindicatos partidistas que están representados no comité de empresa, para procurar o beneficio propio no lugar de defender aos traballadores, que realizan o seu traballo sen saber que vai ser deles, e utilizan a manipulación informativa como ferramenta de traballo, provocando a desconfianza dos compañeiros cara calquera sindicato sexa subvencionado ou autoxestionario.

Desta maneira, evitan que se organicen para buscar unha fronte común que nos permita a todos avanzar cara unha loita obreira que consiga mellorar as nosas condicións de vida.

Ante esta situación de pasividade esiximos que dean a cara, que non se oculten tras o silencio e o escurantismo e que comuniquen dunha vez, alto e claro, o porvir da empresa, para que, deste modo as traballadoras e traballadores poidan planificar as súas vidas.

Por un sector forestal unido, consciente e combativo !

Adiante a loita anarco-sindical !

No comité de empresa: pasividade, e incluso complicidade, entre os sindicatos partidistas que o gobernan, actuando en beneficio propio no lugar de defender aos traballadores, como a súa propaganda predica.Debido aos acontecementos dados nos últimos anos no sector forestal e concretamente no sector de prevención e loita contra incendios forestais, cunha administración adicada a privatizar o sector, e precarizar os dereitos dos traballadores, vemos a necesidade de constituir a sección sindical da CNT no ramo forestal, e especificamente na empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A.(SEAGA).

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS