PLISAN, a mai de todos os polígonos: 15 anos, 120 milhons, 0 empresas

Publicidad

ADEGA presentou alegacións ao enésimo intento da Xunta de dotar de contido ao maior polígono industrial de Galiza, con máis de 4 millóns de m2. En cómodas doses eleitorais, e despois de 15 anos e máis de 120 millóns gastados, Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo van «achegar» outros 36 millóns para «urbanización e acondicionamento».

Unha monumental chafallada administrativa… de 120 millóns de €

ADEGA presentou alegacións ao enésimo intento da Xunta de dotar de contido ao maior polígono industrial de Galiza, con máis de 4 millóns de m2. En cómodas doses eleitorais, e despois de 15 anos e máis de 120 millóns gastados, Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo van «achegar» outros 36 millóns para «urbanización e acondicionamento».

O da PLISAN é o exemplo máximo da absurda política de promover enormes polígonos industriais non como medio senón como fin en si mesmo. Sen ter en conta a demanda, as sinerxias con outras instalacións similares e próximas e sen considerar aspectos tan fundamentais como a culificación urbanística, a propiedade do chan e as servidumes, a tramitación desta infraestrutura é exemplo máximo de chafallada e desbaldimento de cartos públicos.

O resultado: diversas sentenzas que obligaron a Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo a excluir unha cuarta parte da superficie inicial e a indemnizar aos expropiados, gastando outros 7,7 millóns en compensacións. Engádense pois aos máis de 100 millóns xa gastados e aos 22 dunha autovía propia (AG-51, curiosamente denominada «ecopista») construida e actualmente sen uso, agás para practicar ciclismo ou pasear, xustificando agora ou seu paradóxico nome.

Máis gasto inútil en convintes doses eleitorais

Agora as tres administracións veñen de anunciar, coindindo casualmente cun ano eleitoral, o «investimento» doutros 36 millóns de € en catro anos para, entre outras cousas, construir unha rede de traída de auga e sumidoiros para as inexistentes industrias, ademais dunha depuradora.
Curiosamente, esta infraestrutura tenta venderse como de uso compartido para as parroquias dos arredores. Deixando á marxe o feito de que as necesidades de depuración das industrias e dos núcleos urbanos son moi diferentes, tentar camuflar este novo desbaldimento de cartos nunha infraestrutura sen demanda e que leva 15 anos parada, como se fora de interese público, só resposta a un evidente interese eleitoral.

Para unha sociedade castigada pola crise e os recurtes, seguir enterrando millóns de € de cartos públicos nunha infraestrutura que naceu morta e que agora ninguén demanda, resulta case obsceno.

Só se xustifica, xa que logo, polo interese eleitoral e curtopracista dos responsábeis políticos e/ou pola pola miopía e incompetencia dos que dende a administración pretenden seguir engordando as contas das construtoras, principais beneficiarias do gasto en infraestruturas inútiles.

http://www.diarioliberdade.org/artigos-em-destaque/410-consumo-e-meio-natural/55448-plisan,-a-mai-de-todos-os-pol%C3%ADgonos-15-anos,-120-milhons,-0-empresas.html

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More