Plataforma Galega Antitranxénicos demostra que o millo MON-810 debe ser prohibido polos seus riscos

Segundo un informe feito público o pasado 30 de xuño por&nbsp Amigos de la Tierra&nbsp e Greenpeace (entidades que forman parte da PGA), o recente&nbsp ditame da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria&nbsp sobre o millo modificado xeneticamente MON 810 de Monsanto está totalmente viciado e&nbsp contén importantes erros científicos.

Este informe presentouse no marco do proceso de consulta pública sobre este transxénico. Ambas organizacións&nbsp esixen á Comisión Europea e ao Goberno Español que rexeiten a autorización deste perigoso millo.

A autorización de dez anos para o MON 810 (único transxénico autorizado na Unión Europea, e amplamente cultivado en España) caducou e a Unión Europea (UE) debe tomar unha decisión sobre a súa reautorización. Nese contexto, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA nas súas siglas en inglés) emitiu a finais de xuño o seu ditame, segundo o cal o MON 810 é seguro. Con todo, a análise científica deste ditame, realizado por encargo Greenpeace e Amigos da Terra España, revela erros e omisións graves no documento da EFSA e pon en dúbida as conclusións deste organismo.

"A EFSA violou, unha vez máis, o seu mandato. Se un estudante presentase como traballo universitario un informe destas características quedaría moi lonxe do aprobado por utilizar argumentos que calquera docente cualificaría de ciencia-lixo", declarou David Sánchez, responsable da área de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra a nivel estatal.

O informe científico revela, entre outros moitos aspectos, que a EFSA:

  • Ignora ou resta importancia aos datos que demostran que o insecticida producido por este millo transxénico podería ter impactos negativos en lepidópteros e outros insectos. No seu lugar recomendan, para aquelas zonas que albergan bolboretas e couzas, "medidas de xestión" que non se especifican.
  • Non ten en conta as incertezas científicas e os informes contraditorios acerca dos efectos destes millos sobre o medio ambiente e a saúde.
  • Omite os estudos científicos contrastados que subliñan as preocupacións sobre a súa seguridade.
  • Menciona, para demostrar a seguridade do MON 810, estudos levados a cabo sobre un cultivo modificado xeneticamente distinto, o MON 863.
  • Elude investigar a seguridade das novas proteínas xeradas neste millo polo proceso de modificación xenética.
  • Mentres España segue sendo o único país da UE que cultiva MON 810 a gran escala, seis estados da UE prohibiron o seu cultivo.&nbsp Numerosos gobernos expresaron recentemente a súa enorme preocupación&nbsp acerca da mala calidade do traballo da EFSA e da seguridade deste millo transxénico. Recentemente o Goberno francés afirmou que non podía aceptar as conclusións da EFSA sobre o MON 810.

    "Como pode a EFSA presentar unha opinión positiva sobre o MON 810 cando recoñeceu a súa incapacidade para determinar os impactos a longo prazo dos OMG?", pregúntase Sánchez. "Neste momento, os consumidores non podemos estar seguros".

    "A Comisión non ten máis saída que rexeitar o ditame da EFSA,&nbsp prohibir o cultivo de millo MON 810&nbsp e buscar outra autoridade oficial europea que sexa capaz de producir estudos non sesgados&nbsp e baseados nunha ciencia verídica e independente, que sirva de base para quen toman as decisións políticas na UE", concluíu Juan Felipe Carrasco, responsable da campaña de Transxénicos de Greenpeace.

    NOTICIAS ANTICAPITALISTAS