Perto de dous mil traballadores da automoción aínda non cobraron as prestacións por desemprego

A sección sindical da&nbsp CIG&nbsp na empresa&nbsp GKN Driveline, auxiliar da factoría viguesa do GrupoPSA Peugeot-Citroën, denunciaron que os traballadores aínda non cobraron as prestacións por desemprego derivadas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que os afecta.&nbsp

O ERE foi aprobado en xaneiro deste ano pola Xunta e o goberno español, porén, segundo sinalan dende este sindicato, o&nbsp INEM&nbsp aínda non fixo os pagos correspondentes, que afectan a case 800 traballadores. Segundo a CIG, dado o número de empregados afectados e os días de ERE que se están a aplicar -unha media de 25 por empregado-, trátase dunha "cantidade de diñeiro moi importante" que pode superar os 1.100 euros por cada traballador". Dende a central sindical tamén ameazaron con comezar a mobilizar os traballadores se a vindeira segunda feira 13 de abril non están feitos os pagamentos correspondentes.

Máis de 2.500 traballadores sen cobrar as prestacións por desemprego na automoción
Mais esta non é a única empresa fabricante de compoñentes do sector da automoción da comarca de Vigo que está na mesma situación. Segundo publica o xornal Faro de Vigo,&nbsp hai máis de 2.500 traballadores&nbsp que están a sufrir os atrasos no cobro dos días para os que foi aprobado un ERE na súa empresa.

Neste proceso estarían, ademais de GKN Driveline, as auxiliares&nbsp Gestamp,&nbsp Dalphi, MGI Courtier,&nbsp Faurecia&nbsp e Celmarsa, auxiliar de limpeza de Citroën. Os expedientes para as empresas con máis de 300 traballadores tramítanse dende Madrid e dende o INEM.
NOTICIAS ANTICAPITALISTAS