Palabras, palabras… y palabras

Publicidad

Por Herminio

Por esta vez, ya de entrada, he decido prescindir de la tarea de escribir la introducción a esta articulada nota, puesto que de ella se ocupa, en continuidad, su autor:

A pesar de non ser autor directo nin, en tanto, responsable do contido dun dos varios comentarios á noticia (https://kaosenlared.net/ser-oposicion-al-regimen-o-ser-oposicion-solo-al-pp-el-dilema-real-de-unidos-podemos/) que tamén eu lera aquí, non me podo subtraer de volvelo a repetir agora mesmo, case ó pe da letra, como se este fora meu. Fágoo porque me interesa recalcar que a democracia que nos promete Podemos, lonxe está de ser real, nin nunca chegará a selo. Unha porque non tivo nin ten solvencia algunha no pobo, como tampouco en Podemos; outra, porque xa está máis que claro que o que interesa ós partidos, moito por riba da democracia falsaria, que non só ten arraigo neles, é seren, cadanseu deles –a poder ser, separados, cando toque–, fieis servidores do Estado.

E, a maiores, das razóns, inda me cabe que volva ca mesma teima, que me seguirá inquietando: Dende pouco despois daquel momento no que me sentín privado de verter libremente opinións propias nunha columna de La Voz de Galicia, (edición “La Voz de Barbanza”), non logrei descabalgarme da pretensión de contactar directamente cos lectores da comarca. Volvo a intentalo con esta a través deste medio alternativo.

Non obstante –que non se me esqueza nisto–, aínda me resta a máis forte: Agora, que tanto se anda a falar dos apuros –partidarios para uns, e non menos para os outros– por cambiar algúns que outros contidos (que a todos non han chegar, nin sequera por asomo, como é que moitos doutros quixeran) da Constitución (de España), tampouco quero ocultar que non hai cambio posible, se antes non se dá na práctica.

De aquí que ó citado artigo lle seguira, estoutra réplica (no orixinal, sen embargo, a modo de comentario, entre outros varios tamén. Mais todos en castelán, como inda se poden ler, se se pica no enlace):

O RETROVISOR

(Decembro de 2016)

Palabras, palabras… e palabras. 

Ou, se non, ¿por que non comezades por organizar, dunha puta vez, a democracia dos “de abaixo” para conducilos directamente ós espazos institucionais (nos que xa tedes gañado o voso dereito de audiencia), pero para que eles mesmos sexan quen resolvan, neste caso, dende o ámbito político, sobre as accións a seguir para solucionar os temas que lles afectan? Certo é que, se o fixerades de este modo, xa despois de que resolveran os problemas (sempre que o cresen tal), non volverán a votar, e inda menos por vós, se non é por eles mesmos, e só para decidir. É moi duro. Seino ben. Pero así é a democracia, inda que as hai doutros tipos; algunhas mais accesibles e outras moito máis baratas. Hai de todo no mercado.

(Sempre hai alguén que replique. E a isto replica IRENE. Así mesmo, ó pé da letra:“En relación al comentario de Moncho, por si a alguien le parece que es coherente, me parece importante recalcar que vivimos en una monarquía parlamentaria (y créanme que me pesa) y que la única manera ahora mismo de acceder al poder y tomar decisiones es presentándose a la elecciones. Organizar la “democracia de los de abajo” en los cánones que usted expresa ahora mismo es inviable. Por desgracia. Salud.” 

Por isto, prosegue MONCHO):

Sempre teremos, Irene, ese “pero” ó cal poidamos asirnos, ou sexa, que ó cal son eses canons, pois deles non dixen nada. Sen embargo,  xa é un feito que Podemos xa chegou a algúns concellos, é dicir, que xa pode practicar  a democracia cos “de abaixo”; se queres, “la más cercana” (tal, ou como, a chaman outros). Pero que, en verdade, sexa. Que, sen importunar ó rei, o ceo é en todas partes. Non é preciso subir para asaltalo, tamén se pode tomar baixando. É máis simple que seguir fixando canons. Trátase de dar exemplo, pero actuando, se ben evitando sempre ser protagonista alleo. Do demais, despois de tanta milonga, xa chegamos á fartura.

(Aquí terza MARIBEL, fixando o seu entender de que, “para cambiar las cosas, habrá que votarles (antes). (Como) “en Barcelona, donde Ada Colau, la Alcaldesa que ha ganado, sí es de Podemos, y de los de abajo y que, como tal, ha empezado por los de abajoa solucionar sus cosas; y ya ha solucionado

E ó que lle precisa MONCHO):

Maribel, non se trata de “votarles”, porque votalos é como volver a levar ós seus petos as fianzas, de tal modo que volvan a selos mesmos, ou parecidos, os que sigan gobernando. Non importa como se nomeen, nin se trata de como será o que  fagan, ou de canto invertan niso –para iso xa está Cáritas–, senón de intentar “empoderar –como din, ou  dicían, en Podemos– a los ciudadanos” para que decidan estes. Se me preguntases cómo, diríacho encantado, mais, postos en que así non foi, soamente cho suxiro: O primeiro, organizalos; como antes, cando a Colau o facía; para iso estaban as rúas onde xuntalos (se ben, son preferibles as prazas, a falta de espazos máis resgardados); o segundo,  discutir, e chegar á conclusión que mellor conveña ó tema –o tempo a inverter non conta–; elíxese a comisión (en razón de efectos prácticos) e, de aquí, cara ó terceiro,  ata o Concello, onde se celebre o Pleno; será a comisión quen propoña e a Corporación quen vote, coa Colau encabezando. E a ver quen é (quen sexa) que se atreve a contrariar ó seu pobo.

Parecerache imposible. Pero, xa unha vez probado, todo vai en practicar.

HERMÓGENES.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More