Pablo y… Pedro

Publicidad

Por Herminio


O RETROVISOR

Emenda á totalidade

Apenas dei superada unha primeira lectura dos documentos para o X Congreso e vou polos Estatutos. Son lento e necesitaría máis tempo.

No obstante, despois do que xa vai lido, a vosa emenda, ven a suxerirme o mesmo: Aínda que tamén eu podería amosar o meu acordo coa xeneralidade dos contidos das teses, especialmente cos da terceira, é, precisamente, a emenda («a la 1ª.- Tesis I, página 13, párrafo 58«) o que me reforza na idea dunha carencia xenérica observada na totalidade dos documentos, isto é, a ausencia dunha reflexión analítica que lograse levarnos a compresión de por que, na actualidade deses determinados gobernos suramericanos, que citades, o mesmo que na maioría de toda clase de poboacións da “periferia” europea, se constata non só o distanciamento cultural cara a todo tipo de manifestación do pensamento comunista, senón tamén o patente rexeitamento público do mesmo a través da totalidade dos medios de comunicacións de masas. Quizais a solución á inquedanza que este feito nos causa debería formularse tamén como parte do contido da Tese 3. Ven só ó meu suxerir.

Pero, ademais, se o digo, e porque me parece que, de non comezar de unha vez a  manifestar publicamente a nosa  inquietude ante tal fenómeno, ou ó eludilo, simplemente sen encaralo, nunca se logrará a posibilidade rexurdir de ningún illamento. Como é que tamén me sinto eu incapaz de aportar nada dende o meu; así, individualmente.  Só dunha cousa estou seguro: Que de ningunha unidade falsa –que así é, cando se nega a si mesma dende a base– xurdirá o poderío necesario e suficiente para saírnos da crise do capitalismo.

HERMÓGENES.

 

 

 

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More