O PCPG con Iniciativa Internacionalista

Publicidad

O PCPG considera que esta opción (concibida desde premisas de respecto á independencia e a soberanía de cada forza e malia as tremendas dificultades que está a enfrontar) constitúe un dos intentos de avance na confluencia política máis iesperanzadores e lusionantes que se teñen acadado e, en consecuencia, intégrase na mesma.

Consideramos que o intento de ilegalización de Iniciativa Internacionalista- Solidariedade entre os Povos por parte do Estado Español é un gravisimo atentado aos dereitos civís e políticos e chamamos a denunciar esta brutal tentativa de conculcación de elementais dereitos democráticos, que neste caso tenta impedir o noso direito de voto nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo.

Agora máis que nunca temos que protestar con todas as forzas contra a constante e reiterada violación das liberdades e dereitos democráticos exercitada polos aparellos xudiciais e represivos do Estado Español, como se ten evidenciado nos últimos anos e amosa especialmente este feito que se aplica ao abeiro da aberrante e fascistoide Lei de partidos.

O Partido Comunista do Povo Galego chama aos traballadores/as e a todos os democratas consecuentes e verdadeiros progresistas a apoiar todas as iniciativas que nos próximos tempos se impulsen pola Comisión Promotora Galega da Iniciativa Internacionalista – Solidariedade entre os Povos. ¡Non pasarán!.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More