Nova Esquerda Socialista apoia Iniciativa Internacionalista

Publicidad

Ante las proximas elecciones europeas Nova Esquerda Socialista &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp

Apoio a Iniciativa Internacionalista-Solidariedade dos Pobos

Ante as próximas eleccións europeas Nova Esquerda Socialista quere sinalar a súa posición política electoral:

Queremos sinalar que aínda que discrepamos con algunhas formas de como se confeccionaron as listas e a representación nas mesmas de Galiza, consideramos moi importante a presentación da candidatura unitaria “Iniciativa Internacionalista”.

A mesma esta conformada por militantes da longa traxectoria na loita polos dereitos nacionais dos pobos oprimidos e sen Estado, como asi tambien de loitadores polos dereitos dos traballadores e dos sectores máis afectados polo sistema capitalista.

Ante o modelo Neoliberal que defenden as outras candidaturas, o­nde se potencia a Europa dos Mercadores, a Europa Militarista e Imperialista. Iniciativa Internacionalista- la Solidaridad entre los Pueblos, preséntase como a única opción anticapitalista referenciado, á esquerda socialista dos pobos do Estado español.

Desde Nova Esquerda Socialista facemos un chamamento para convocar aos partidos galegos de esquerda, organizacións sociais, culturais e sindicais a dar o seu apoio a esta candidatura e dar pasos unitarios co fin de traballar conxuntamente, nunha proposta unitaria para o noso país.

Sabemos das dificultades que terá esta candidatura para poder darse a coñecer, tamén somos concentes das trabas e persecucións á que sera sometida pola xustiza do réxime. A pesar diso é necesario mobilizar á militancia e aos votantes, para lograr un repudio conxunto a este sistema capitalista inmoral e decrepito.

Vigo, 8 de maio do 2009.
Lois Pérez Leira (Secretario Xeral)

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More