Marcha Mundial das Mulheres convoca seis mobilizaçons na Galiza polo 8 de Março

Todos os anos, o 8 de marzo, mulleres en todo o mundo mobilizámonos para reivindicar e esixir cambios que milloren as nosas condicións de vida e conquisten e consoliden dereitos que nos son negados. as mobilizacións mundiais este 8 de marzo van facer referencia a como nos afecta ás mulleres esta crise de dimensións múltiples: de traballo, de acceso aos alimentos, enerxética, medioambiental e financieira, consecuencia do sistema capitalista e do neoliberalismom da avaricia sen límites, da falta de transparencia e de control social que configuran a realidade financieira mundial.&nbsp
En paises occidentais, as estadísticas nos aseguran que somos maioría no paro, temos máis eventualidade e precariedad no emprego, e cobramos un 30% menos de salario. esta realidade agudízase no caso de mulleres novas, ciganas ou imigrantes. somos maioría nos sectores laborais peor pagados e peor valorados.&nbsp
Os recursos públicos son imprescindibles para garantir os dereitos conquistados ao longo de décadas de loita feminista, para soster as intervenciósn de loita contra a violencia machista, para manter os servizos básicos como a saúde e a educación, a atención ás persoas dependentes, os programas de educáción afectivo-sexual, as políticas de integración…&nbsp
Imos estar atentas, organizadas e activas para denunciar as políticas que reproduzan a exclusión das mulleres da actividade económica ou que recorten as coberturas sociais qe temos alcanzado até o momento.
&nbsp
A Marcha Mundial das Mulleres organiza os seguintes actos nas diferentes localidades galegas:
A Coruña
Sábado 7 marzo. Video forum 18:30 h "As mulleres ante a crise". Casa Casares Quiroga (Rúa Panadeiras)
Domingo 8 marzo. Concentración 12:30 h. Obelisco

Compostela

Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:00 h. con saída da Praza do Toural e chegada na Praza de Marzo

Ferrol

Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:30 h. con saída da Praza Amada García (Edificio Xunta de Galiza) e chegada ao Cantón de Molins

Ourense

Sábado 7 de marzo. 19:00 h. Acto das mulleres na Praza Concepción Arenal (Xulgados) e posterior percorrido polo Paseo

Pontevedra

Sábado 7 de marzo. Concentración 20:00 h. na Praza 8 de Marzo

Vigo

Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:00 h. con saída da Praza 8 de marzo&nbsp
NOTICIAS ANTICAPITALISTAS