Maniqueísmo mediático

Publicidad

Por Herminio

Querido lector amigo, ¿e que queres que che diga desoutro que ti me dis? Xa me gustaría a min ser un –calquera, que o mesmo da– dos moitos opinadores, deses que escriben na Voz, de Galicia, (digo eu, por dar referencias claras). Xa que eu non dei a talla no meu dia. Certo foi que ma ofreceron, e aquilo durou un tempo, mais ó final diso nada.

Despois do arrepentimento de quen me ofrecera o choio, inda hoxe non sei por que (quizais por propias desganas, que tamén se me notaban), se é que quixen seguir, tiven que seguir en Kaos; escribindo, por suposto. Pois é mesmamente certo que se escribo é por lecer, e só se me dá a gana –por mais que sempre me dé traballo –, que non tanto coma eses, anteditos, que escriben por devoción delegada ou obrigada, ou ben pola profesión de ter que escribir de algo. Porque ou son profesionais ou, se non, ó pasaren de poetas, chegan ata catedráticos políticos, e incluso economistas, e inda máis, dado que entenden de todo o mesmo que case nada. Vai de proba (disto que digo) o exemplo:

Por seguiren coa súa liña editorial, falando de Cataluña, pero mal (como falando do pan que os alimenta cada día, como eles habitúan), este día dubidaban, escribindo con retórica simpleza: “¿Quiénes son en Cataluña los fascistas?

Xa que en xuíces non caben os facheríos, e menos nos españois das españas,  de Alemaña, ou Portugal  nin,  mesmamente, de Italia, segundo tal opinante, en razón de seren secesionistas, só caben nos cataláns. Mais, se apuramos a opinión, só un pouco máis adiante, suxíresenos de onde lles ven o mal. Quizais veu da “Venezuela chavista”, incubada ou, ¡quen sabe!, se dende a “Cuba poscastrista”. Pero é só por suxerir, ou acabaría mal comigo (desde o meu punto de vista) o opinador tan mendaz: Non se pode consentir esa confusión, de tal calibre, nos termos, e menos para indicar onde radica, en verdade, toda fonte do fascismo, coma se non fora de onte que habitou, ¡presente!, nos nosos xenes e lares, de tódolos españois. Se é que non sabe pensar fóra do maniqueísmo, ¿de onde pensará que seguen bebendo eles, (el mesmo cos seus colegas) se non é do mesmo fascio. E, lonxe de calquera dúbida, ¿acaso é que ignora este –todo un señor catedrático da teoría política, máis non sei que doutras tantas– en que radica, en orixe, a simpleza –cuestión de infidelidades– do problema conxugal entre as dúas burguesías, de España e dos cataláns?

Certo que a cousa foi a peor entre uns e outros, mentres o tempo pasaba, mais botando leña o lume e insultando a Cataluña, e a todos os destas terras, tampouco se compón máis do que non hai que amañar, en contra do natural. Que para algo hai divorcio, digo eu. E, sendo civilizados, non fai falta difamar. Non obstante, e polo o que a min atangue, ante tanta diatriba disparatada contra un pobo, danme ganas de gritar: ¡Visca catalunya lliure!

También podría gustarte

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More