Mais solidariedade com Laura Bugalho

Publicidad

Mobilizaçons em simultáneo no domingo 31 de Maio
&nbsp
A CORUNHA, 20’30, DELEGAÇOM DO GOVERNO
"Defender às pessoas migrantes nom é delicto, liberdade sem cárregos para Laura Bugalho"
http://maribolheras.blog.com/
ZARAGOZA, 20’00, PLAZA DE ESPAÑA
"Defender a las personas migrantes no es un delito, librtad sin cargos de Laura Bugallo"
http://stonewall-aragon.blogspot.com/
MADRID, 20’00, HERNÁN CORTÉS Nº9 (METRO CHUECA)
"Contra la criminalización de apoyo a migrantes, libertad sin cargos para Laura Bugalho"
http://www.aceradelfrente.blogspot.com/&nbsp

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) quere facer público o seguinte comunicado en relación coa detención da&nbsp &nbsp nosa compañeira Laura Bugallo&nbsp (responsable da Oficina de Inmigración da CIG en Santiago):

1.- Amosar a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, traballadora incansable na defensa dos dereitos das persoas migrantes. Amosar a nosa plena seguridade de que os posibles delictos que se lle imputen non teñen nada que ver co aproveitamento en beneficio propio do seu traballo coa poboación inmigrante de Santiago e Galiza. Ao contrario, Laura, ten axudado moito a moitas persoas inmigrantes e sabémolo ben todos os integrantes deste Foro.

2.- Manifestar que a propia lexislación de estranxeiría obriga, para poder axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade, a que as persoas e entidades que traballamos con este colectivo teñamos tamén ás veces que realizar pequenas irregularidades formais. Forma parte case do noso traballo e non pode ser que estas actuacións (facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigo) se convirtan en obxecto de persecución policial contra esas persoas ou entidades.

3.-&nbsp &nbsp Son actuacións estas que van da liña, que temos denunciado xa neste Foro, de criminalización da poboación inmigrante, transladando a persecución ás persoas e entidades que traballamos con ese colectivo. Axudas a Inmigrantes é fundamentalmente o delicto que se lle imputa a nosa compañeira Laura Bugallo, encuberto na forma de “falsificación documental ou axuda á inmigración irregular”. Ademáis sorprende que a nosa compañeira tivera que pasar detida case 48 horas na comisaria antes de pasar a disposición xudicial esta mesma mañá . Insistimos para rematar:&nbsp &nbsp NON PODE SER QUE AXUDAR A INMIGRANTES EN SITUACIÓN IRREGULAR SEXA DELICTO.

Para máis información&nbsp con Miguel Fernández ou Rocio Rodríguez (Casa Latinoamericana)&nbsp Email:&nbsp foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación de Peruanos en Galicia.&nbsp
&nbsp
&nbsp

Iniciativa Internacionalista
&nbsp
&nbsp A detención da traballadora da CIG por axudar a traballadores imigrantes pon ao descuberto a verdadeira cara da política do Goberno de ZP&nbsp que mentras fala de defender aos traballadores e traballadoras, admite a represión contra aqueles que só se plantexan a defensa dos dereitos dos sectores más explotados e indefensos da clase traballadora, os inmigrantes.
Son estes traballadores e traballadoras os que pola súa indefensión máis sufren os ataques da patronal, rebaixando a xornada laboral, os salarios, coa intención manifesta de buscar a división da clase traballadora, que a debilite fronte ás políticas pro patronais.
A política do goberno español vai en liña coa defendida por Sarkozy e o conxunto da Unión Europea, con Berlusconi á cabeza. Unha liña de maior represión, non só contra os propios traballadores e traballadoras imigrantes, senón tamén contra todos aqueles que solidariamente axudan a conseguir os papeis que lles permitan traballar e vivir aquí.
Son leis como a de estranxería, que está sufrindo sucesivos recortes, ás que pon na obriga de facer todo o necesario para conseguir o que é de xustiza: os papeis para todos e todas.
A candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos, solidarízase coa traballadora e esixe o sobreseimento da causa que, aínda estando en liberdade, mantense contra ela, alén da derogación de represiva Lei de Estranxería, e chamamos a todas as organizacións sindicais, sociais e democráticas, a expresar a súa solidariedade.

NÓS-Unidade Popular

Aderimos igualmente à concentraçom de hoje, às 20h30, na praça do Toural, em solidariedade com Laura e para reclamar a sua liberdade, porque defender as e os imigrantes sem papéis, nom é nengum delito.

Liberdade para Laura Bugalho já!


&nbsp

A Marcha Mundial das Mulleres considera à activista Laura Bugalho umha represaliada de conciencia
&nbsp
O pasado martes era detida, tras irrumpir no seu lugar de trabalho e na súa casa, a activista feminista, sindicalista e defensora dos dereitos das persoas transexuais, Laura Bugallo. Era acusada supostamente, de falsedade documental, en relación á actividade que desenvolve dentro da Confederación Intersindical Galega, en defensa dos dereitos das persoas imigrantes.
Nom é a primeira vez que activistas con vinculación coa imigración, teñen represalias xudiciais ou policiais, favorecidas por unha lei que trata como delincuentes a quen exerce un dereito humano fundamental como é a libre circulación das persoas. Esta lei que trata a imigración como delito, o mesmo traba en sindicatos, asociacións de imigrantes ou ONG, facendo dunha actividade de solidariedade humana fundamental, unha actividade de alto risco que pode acarrear multas, detencións e mesmo cárcere.
A Marcha Mundial das Mulleres considera que Laura Bugallo, independentemente das acusacións xudicias, e dos feitos que se lle puideran imputar en relación coa sua actividade na CIG-Imigración, é unha represaliada de conciencia, pois ela, como o resto de feministas que apoiamos e participamos nesta rede internacional consideramos que:
"Todos os seres humanos, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, deben ser considerados como cidadáns e cidadás de pleno dereito, gozando de dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civis, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de unha maneira igualitaria e equitativa realmente democrática."
Desta maneira está recollido no documento "Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade" aprobado en Ruanda por mulleres representantes de 150 países e inspirador da loita contra a violencia e a pobreza que se desenvolve en todo o planeta. Este parágrafo inspirado no valor da Xustiza, guia a actividade da compañeira Laura e de miles de activistas polos Dereitos Humanos, tamén das persoas imigrantes, en todo mundo.
É por isto que consideraremos proprio dun réxime autoritario e incumplidor da Declaración dos Dereitos Humanos, calquera sanción que se impoña á activista Laura Bugallo, recibindo a nosa máis enerxica condena, que trasladaremos ao ámbito internacional, alentando á sociedade galega a oporse xunto con nós a estas políticas que alentan o aumento da xenofobia en Europa.
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres&nbsp
&nbsp
También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More