La burbuja mediática
Por Herminio
Siga, pues, una vez más, Hermógenes en su tinta, que yo seguiré después, en continuidad, tentando la traducción que, a mi entender, mejor le pueda valer al texto, que siempre deberá ser lo más literal posible, aunque intentando que de ella se refleje todo el natural sentido mediante el cual el autor ha procurado lograr la unidad para su tema, a través de la expresión de cada frase del mismo.
O RETROVISOR
(marzo-2017)
A burbulla mediata.
Darame igual onde lea, sexa ben no primeiro dos diarios de Galicia –como ben podía ser– ou ben sexa en calquera outro dos moitos que hai en España. Todos eles van sobrados en noticias maldicentes, agoireiras ou falaces, ou preñados de preludios anunciantes de asoballamentos múltiples, sen que cheguen a recoñecelos tales aqueles que nolos venden, sempre e cando que os responsables dos mesmos son tamén do mesmo pau do sistema dominante que eles saen a cantar tódolos días, en loores da inmensidade da gloria capitalista.
Pois polo mesmo que aquelas son variables semellantes, reiteradas e aburridas, é polo que, tanto mais, todos buscan acadar, en por si, cadanseu deles en competencia canina, o máximo de extensión e tiradas de exemplares, a cada cal máis leal ó sistema mercantil que os obriga a difundirse, coa exclusiva intención de reencher de parvadas os intersticios baldeiros da conciencia popular, en referencia ós espazos cerebrais que, a estas alturas, aínda permanecen libres, dispostos a ennobrecerse con datos máis racionais.
Non restemos desta conta, aquelas partes dos mesmos (dos diarios) que configuran todo un mundo de consumo de produtos incontables, xunto ós máis figurativos, ofrecidos en anexos (xeralmente gratuítos), revistas de propaganda e outros cadernos varios. Un negocio en crecemento continuo, pero aditivo, con vocación de futuro inabarcable; absurdo, pero seguro, cal destino de burbulla cara a súa propia ruína. Mais, por isto, insignificante, sempre e cando é ben sabido que a medida do valor, que dá fe dos seus dominios, é de alcances, simplemente, das substancias das que deriva o papel. Se non importa o tamaño, contidos nin calidades, porque máis cadren á presenza do negocio, todo canto vaia en follas, se un cansase de ler nelas, a falta de reciclaxe, sempre poderán queimarse, porque arden nun candil e déunolas Deus de balde. E, ademais, subvenciónaas o Estado, quen non soamente está para velas emporcadas de tódalas variedades de tintas que dan a cor ás palabras dunha cultura burguesa que, aínda sendo tan abundante en vaidades como rica en vaguidades, como as que transmite nelas, por isto, precisamente, non deixa de querer ser, xenuinamente, a nosa, a base de suplantárnola decotío nos diarios, como algo natural.
Dixen que me daba igual, que, de ler onde quixera, dos diarios nacionais, no mesmo viría dar. Pero agora, ó rematar, deberei engadir máis: Pouco ou nada adiantaría, ó respecto, se me limitase a un só. Sempre estaría no mesmo. Podía pór mil exemplos. En castelán, por suposto, a lingua dos ben mandados, cando lles toca a escribir; sobre todo, do obrigado. Pois, ¿a quen ha importarlle o que se diga, cando o dicir ven ditado?
Pero non. Non vou reproducilos aquí. Agora tocoume a min de abusar dos adxectivos, porque me saíu das ganas. Por isto é que aquí están. Que xa está ben … ¡Que nos impoñan a escrita da súa cultura burguesa (tamén falada) na lingua que máis lles praza! ¡En canto cansemos dela, nós daremos en queimala!
HERMÓGENES.
NOTA: De todos modos, deberei recoñecer que a estas alturas a burbulla, ó parecer, desinchou. Pero só un case nada, pois, non obstante, sigue sobrada de aire.