III Comparativa Urbana de Medios de Transporte en Vigo

Esta comparativa pretende reflexar cal é o medio de transporte máis rápido, cómodo, económico e sustentable para moverse pola cidade, simulando 3 xestións que facer en Vigo un día calquera.

A saída foi dende Balaídos, e os lugares onde había parar foron Tráfico (Rúa Regueiro), Árbore, Coperativa de consumo (Rúa Arquitecto Perez Vellas) e Concello (Praza do Rei). O itinerario entre os puntos foi de libre elección e os medios utilizados foron 6: bici, coche, moto, taxi, bus, e a pé.

A condición de base para todos os medios foi o respecto da normativa de tráfico vixente e facer a simulación de entrar nas dependencias (o cal implica aparcar o automóbil/moto, deixar un taxi e buscar outro, enlazar distintas liñas de buses, candar a bici, étc).

O acto simbólico -enmarcado na Semana Europea da Mobilidade 16-22 de Setembro- pretende reabrir o debate sobre a mobilidade urbana (caótica) actual, baseada fundamentalmente no veículo privado, especialmente na cidade de Vigo.

O resultado da comparativa de medios celebrada onte en Vigo, indicou que a bicicleta é o medio máis rápido, sustentable, cómodo e económico para movernos pola cidade en comparación ao resto dos medios de transporte analizados.

Como nas convocatorias anteriores, a bicicleta, nun escenario hostil como é Vigo totalmente carente de infraestructura para a bici , revelouse como a mellor forma de moverse pola cidade, atendendo a criterios de sustentabilidade, tempo e economía. Sen embargo, perante esta febre de “humanizadora” de rúas, hai inversión pública para reducir o tráfego de automóviles e dotar á cidade dunha boa rede de carrís-bici en Vigo? NON.

Atendendo a criterios de tempo, na comparativa de medios de transporte, despois da Bicicleta chegou ao destino en 2ª posición) Moto, 3ª ) Taxi, 4ª) Bus, 5ª) Peón, 6ª) Coche.

A moto gañou en tempo, ao taxi, ao bus e ao peón, pero perdeu en cuestión de sustentabilidade (emisións de CO2), de ruidos e de cartos (gasolina e compra/mantemento da moto).

O taxi manifestouse como un medio relativamente rápido (dependendo de tráfego e das obras) pero moi custoso para moverse pola cidade (9,48 euros nun percorrido de 4,2 Km), ademáis do negativo das emisións de CO2, dos ruidos e da ocupación espacial.

O bus tivo conexións limitadas pero revelouse como un medio colectivo social, económico coa tarxeta vitrasa (0,60 euros) -non así sen tarxeta (1,13euros)- e máis sustentable que o veículo privado (inda que non deixa de moverse con petróleo). Os contras: a baixa frecuencia entre algunhas liñas “menos céntricas”, a falta de intermodalidade e a impuntualidade provocada polos atascos dos coches.

O peón quedou de penúltimo pero gañou en cuestión de sustentabilidade (cero emisións de CO2), de ruidos (cero ruidos), de saúde, de autonomía, de accesibilidade aos distintos lugares e de cartos (custo cero).

O coche, tan laureado e considerado popularmente o medio máis rápido, quedou de último e dobrou o tempo da bici, contaminou máis que ningún outro, emitiu ruidos, perdeu tempo en atascos, ocupou un prezado espacio nas rúas e tivo que desembolsar unha boa tallada para pagar o parking privado por falta de espacio na vía pública ocupada por miles de coches aparcados. Esto supuso, ademáis do custe da desesperación e o estrés, un custe económico importante de gasolina, de tickets zona azul e parking, ademáis da compra e mantenemento do coche (seguros, revisións, etc).

Conclusión:

As actuais políticas de inversión en infraestruturas, obsesionadas con dotar de facilidades ao automóbil privado (parkings, estradas, autoestradas, desdobramentos, etc) revélanse insustentables, obsoletas nun contexto de esgotamento do petróleo, custosísimas para o Erario Público, e insanas.

Promover outras formas de mobilidade máis respectuosas co medio, económicas, seguras e saudábles (camiñar, pedalear, moverse en transporte público colectivo de calidade: tranvía, metro lixeiro, barco; bicicleta, étc); reducir a necesidade de mobilidade; e desincentivar radicalmente o uso do automóbil privado por todo o que leva implícito (contaminación, ocupación espacial na cidade, fomento de urbanismo difuso, necesidade de infraestructuras destructoras do territorio, accidentalidade, estrés, consumismo, etc ) sería unha opción intelixente da Administración para ofrecer por fin á cidadanía formas máis eficientes e sustentables para moverse pola cidade.
NOTICIAS ANTICAPITALISTAS