Galiza, onde trabalhar é mais barato

Cada empresa ten que asumir un custe laboral por cada traballador contratado que suma a súa remuneración e as súas cotizacións: en Galiza este “prezo” ascende a 2.325 euros, a cifra máis baixa do Estado Español, despois de Estremadura e Canarias. Aínda máis, se contemplamos unicamente o salario, o custe para as empresas por cada traballador e mes é de 1.746 euros, tamén o terceiro posto pola cola do Estado.

Tanto as nóminas como o conxunto do custe laboral medraron no último trimestre do ano, é dicir, a tendencia marca un incremento, aínda que atenuado, dos salarios. Porén, mentres no Estado Español este custe laboral se incrementou nun 2,5%, en Galiza o ascenso non foi máis que o 1,4%.

Para facer análises basta a comparación do que gasta cada empresa por unha hora de traballo. O custe laboral por hora efectiva situouse no último trimestre do ano pasado en 17 euros. Mentres, o custe salarial desa mesma hora efectiva foi de 13 euros. Xa no apartado doutros custes, nos que se inclúen, entre outros, as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social, Galiza tamén forma parte das tres comunidades con menor gasto. As empresas galegas abonan 578 euros por traballador ao mes, é dicir, 4,33 euros por hora efectiva.

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS