
Galiza : COMUNISMO E SOBERANÍA
A loita Comunista, dende a perspectiva Leninista, é a loita da liberación económica pero tamén é a loita da liberación dos pobos. Negar isto é negar un dos principios básicos do marxismo leninismo.
  Sabemos que non existe unha única fórmula para acadar este obxetivo. Mentres uns partidos avogan por una República Galega e Socialista, outros avogan por unha Republica de caracter confederal, ou incluso, federal.  Con respecto a isto, cabe sinalar que a experiencia soviética fainos recordar que o seu sistema organizativo era simplemente confederal. O Concepto de Republica Confederal recolle ampliamente o dereito de autodeterminación. Unha Republica Confederal ofrecería a nosa nación plena soberanía. 
A idea dunha República Galega Socialista, e para nós, os marxistas leninistas unha idea un tanto confusa, e incluso, non correcta. Como acadar a nosa independencia dende o leninismo sen respetar aquela idea soviética onde se fomenta a libre adhesión dos pobos? 
  Defendamos o comunismo, a soberanía e a idea dunha republica confederal!