Galiza: 18 imputados polos incidentes na manifestaçom contra o galego de 8 de Fevereiro

Publicidad

Segundo&nbsp informan dende o colectivo Ceivar, no marco do proceso xudicial aberto logo dos incidentes acontecidos durante a manifestación en contra do galego do pasado 8 de febreiro en Compostela, foron imputadas seis persoas máis, co que o número total ascende xa a 18.&nbsp

O proceso está en fase de instrución polo que de momento non hai acusacións individualizadas. Porén, dende Ceivar afirman que, baseándose nas denuncias presentadas e nos atestados policiais, os delitos de que podería ser acusados son os de "atentado contra a autoridade", "desordes públicas", "danos" e "obstrución do dereito de manifestación".&nbsp

Ademais, aseguran que a Policía continúa a realizar unha "investigación exhaustiva", que incluiría responsábeis de diversa webs, entre as que citan&nbsp galizalivre.org&nbsp e&nbsp Galiza Indymedia, ademais das de&nbsp Primeira Linha&nbsp e&nbsp Nós-UP, polas que estarían imputadas dúas das seis novas persoas.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More