Galicia: Vigo demora la entrega del ‘cheque social’ y deja en la miseria a miles de personas

Por Diario Liberdade

El pasado 13 de mayo de 2015 el Concello de Vigo publicaba la convocatoria del “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, más conocido como “cheque social”.

O Concello tiña un prazo de tres meses para resolver as 2800 solicitudes que se fixeron nesta convocatoria. Dito prazo rematou o 9 de setembro, e, como sucedeu nas anteriores convocatorias e pasado máis dun mes, aínda non foron concedidas as axudas. O máis grave é que desde o Departamento de Benestar Social din que a demora será, como mínimo, dun mes máis.

Como xa denunciara o ODS-Coia no seu día, estas axudas constitúen a resposta precaria e miserenta do Concello de Vigo ante o empobrecemento brutal que está a padecer a cidadanía, por resultar un programa totalmente insuficiente e inxusto, non só pola insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo. “E agora, non contento con perpetuar esta caridade institucional á que nos ten acostumadas, permítese ter agardando a miles de familias na incerteza e na precariedade, demorando meses a concesión dunhas axudas mínimas e insuficientes”.

Mentres concesionarias privadas enchen os petos coa xestión dos servizos sociais municipais para nós queda aturar a “cantinela” de que “non hai cartos” para dotar ao departamento, o cal non é quen de dar curso aos expedientes atascados na tramitación por falla de recursos.

“Estamos fartas de que nos neguen os dereitos e nos ofrezan esmola. Estamos fartas do colapso dun departamento municipal ineficaz e caótico. Estamos fartas de agardar meses por axudas que nunca chegan. Estamos fartas da propaganda do Alcalde que mente e manipula as cifras sen amosar un mínimo de rubor antes as carencias que padecen moitas veciñas” – explican.

Fronte a isto, esixen medidas que desborden o sistema. Esixen, e traballan, pola Renda Básica das iguais e por moitísimo máis. “As súas políticas o único que procuran é maquillar a crúa realidade, perpetuar a desigualdade e a inxustiza, desmobilizarnos e confundirnos dos vieiros que debemos camiñar para parir unha vida digna e plena”.

FOTO DE PORTADA: Foto de Oiluj Samall Zeid (CC by-nc-nd/2.0/)

GalizaODS-Coia

http://www.diarioliberdade.org/galiza/laboral-economia/58306-vigo-demora-o-cheque-social-e-deixa-na-mis%C3%A9ria-milhares-de-pessoas.html

-->
COLABORA CON KAOS