Frente a crise, o BNG propon o Estatuto de Nación

Frente a crise, maior autogoberno; frente ó capitalismo, estatuto de nación.

&nbsp A receita que nos oferece o BNG outra vez e nestes tempos de crise da economía mundial é maior autogoberno. Profundizar na mesma autonomía que nos nega o noso dereito de autodeterminación dirixida ó recoñecemento do Estado plurinacional español e non á constitución dun Estado Galego. Non di nada o BNG si ese “autogoberno” vai acompañado de máis ou menos poder popular que durante tantos anos gritamos nas manifestacións. Desalóxase unha cuestión de clase para colocar unha cuestión “nacional” descafeinada exenta, pra máis escarño, da reivindicación social.

&nbsp As teses que presentou a UPG no seu XII Congreso demostran falta de aclaración ideolóxica. ¿Estamos ou non pola revolución nacional-popular? ¿Ou máis ben, como ata agora no bipartito, seguiremos afondando nas redes caciquís? A falta de aclaración móstrase no cinismo da UPG pois as liñas do BNG son prácticamente as apoiadas pola UPG. Nas súas teses “comunistas” falan de autoderminación e de soberanía e de liberdade, pero nunca citan a independencia porque esta palabra crea medos. Despois son capaces de votar a favor das teses do BNG que aprobaron que o Estatuto é un fin e non un medio ou que o BNG debe procurar a declaración de estado (español) plurinacional, teses propias do federalismo de raiz hispana.

&nbsp A renuncia de Bautista é un motivo persoal de fondo político. Cando Bautista falou dun nacionalismo que baixaba os calzóns nun editorial do Terra e Tempo para referirse á acción do goberno da Xunta e tamén de parte da militancia nacionalista, estaba apostando por un camiño que a UPG e o BNG abandonaron hai ben anos.

&nbsp Un dos puntos ideolóxicos da UPG considera: “A contradicción principal segue a ser a que se establece entre nacionalismo e imperialismo” (punto 1.4.2, p.12, liñas 9 e 10)¿Cómo? ¿Non era entre a oligarquía española e o pobo traballador galego?

&nbsp Iste partido “comunista” fai unha análise marxista desastrosa nestas teses dicindo con boca pequena ‘socialismo’. Os resultados desas análises é a deriva ideolóxica. Incluso propugnan o fortalecemento dun empresariado galego, está claro, a forza da burguesía galega. ¿Un partido comunista non debería optar por novas premisas da esquerda como soberanía alimentaria, soberanía enerxética e outras clásicas como as nacionalizacións, banca nacional popular, internacionalismo proletario…? Agora os aliados do proletarido non son as clases populares senón a burguesía intermediaria, de sempre correa de transmisión do colonialismo, gañada a pulso nas eólicas como dixo Francisco Jorquera.

&nbsp A UPG, o motor do BNG e o gran aliado do quintanismo, é o rostro cínico da esquerda galega. Paco Rodríguez afirma que a UPG é a máis interesada na unidade do nacionalismo cando sempre foron as súas posturas dogmáticas as que promoveron purgas no seu seo. O seu nome está sempre nas purgas e no pucheirazo do V Congreso que gañamos os do Partido Comunista de Liberación Nacional, os do PCLN. Cínicos porque se definen como comunistas para defender teses a favor do empresariado. ¡Isto está nas teses do seu XII Congreso!

&nbsp O BNG defende como solución á crise económica o Estatuto de Nación. É propio daquelas formaciós erráticas.

Para outros, nistes tempos de crise, a contradicción é a loita de clases, a loita pola construción dunha República independente ao servizo da clase obreira. Unha liberación nacional que vai parexa á liberación social do pobo galego. O pobo traballador segue a ser o maior interesado na independencia de Galicia porque el é o protagonista dese movemento liberador.

&nbsp Quen mo diría non hai moito tempo pero o final destas liñas quixera que rematasen cunha cita do Bautista, a quen por ficar na engranaxe foi devorado polos seus fillos políticos: sen Estado proprio pode existir nación pero non soberanía, nin poder constituínte, nen ordenación política e xurídica particular dun territorio nacional. Direitos estes irrenunciábeis para unha organización nacionalista.&nbsp &nbsp ¡Frente á crise e ó Estatuto de Nación, independencia e socialismo!

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS