Fotos e vídeos: Volta a violência policial e a resposta dos trabalhadores nas ruas de Vigo

A polícia espanhola voltou a atacar com violência os milhares de trabalhadores que se manifestavam durante o primeiro dos dous dias de greve convocados nesta semana para exigir aos patrons que se sentem a negociar o novo convénio para o sul da Galiza. As bolas de borracha fôrom a resposta das forças repressivas contra os grevistas agrupados na praça da América, provocando vários feridos.

As cargas começárom a seguir à assembleia na praça do Rei, quando umha dúzia de carrinhas policiais chegárom ao lugar e tentárom expulsar os e as manifestantes. As provocaçons policiais derivárom em duros confrontos com utilizaçom de material repressivo contra os operários, que figérom barricadas para fazer frente aos ataques policiais. Um autocarro urbano ardeu no meio dos confrontos no centro.

A resposta dos representantes dos trabalhadores foi clara: se a violência continua a ser a única resposta patronal, os trabalhadores responderám com umha greve indefinida a partir do dia 15 de Junho, mas, para já, acabou de ser convocada umha nova greve de três dias na semana próxima.


18h30&nbsp

Vieiros&nbsp

Oito feridos na quinta xornada da folga do metal en Vigo

Un deles, delegado de CCOO, está aínda hospitalizado no Meixoeiro. Os sindicatos falan dunha folga indefinida, que se estendería a todas as empresas do sector para a semana que vén.&nbsp
&nbsp
Por volta das 15h00 terminou a última asemblea de traballadores e sindicatos no estaleiro de Barreras, en Vigo. Poucos minutos antes, operarios e policía española enfrontábanse ás portas do predio, lanzando, os primeiros, parafusos; e os segundos, pelotas de goma; nun altercado que comezaba perto das 13h00 na Praza de América, onde os operarios se concentraran pacificamente, e que se foi trasladando até a Avenida de Beiramar.&nbsp
Os traballadores viñan de participar na primeira asemblea do día, na Praza do Rei. Antes, cortaran o tráfico, intermitentemente, en varios puntos da cidade, de camiño entre os seus postos de traballo e o lugar da asemblea. Finalmente houbo un balance de oito feridos, catro operarios; segundo os sindicatos; e catro policías, segundo a subdelegación do goberno español.
Desta volta, e segundo lle contou a&nbsp Vieiros&nbsp o responsábel do Metal de CCOO, Ramón Sarmiento, a carga da policía foi "máis dura do habitual" e "sen mediar previo aviso". "Comezaron a cargar en Praza América, habendo polo medio, ademais dos compañeiros, viandantes, xente dentro dos automóbiles e mesmo nenos. Todo empezou cunha actuación bastante provocadora por parte da policía", sinalou Sarmiento.

Folga indefinida a partir da vindeira cuarta feira

Na asemblea de traballadores e sindicatos acordouse convocar tres días de paro para a vindeira semana, a partir da cuarta feira día 10 de xuño e até a sexta día 12. Nesta última xornada, a folga pasaría a ser indefinida. É previsíbel, ademais, que a sexta feira se unan ao paro todas aquelas empresas do sector do Metal que funcionan con convenio propio, coma os grandes estaleiros, PSA Peugeot Citröen e algunhas empresas auxiliares da automoción, entre outras
Segundo dixo o responsábel da CIG-Metal, Miguel Anxo Malvido na asemblea, os paros irán mudando "segundo nos conveña, de tal xeito que un día convocaremos, e ao outro desconvocaremos, para darlles onde máis lles doa, para que sintan a presión dos traballadores que loitan por un convenio xusto". Pola súa parte, o voceiro de UXT, Diego Atanes, destacou a actitude "radical" dos empresarios, ao tempo que lamentou que a mediación realizada pola Xunta "non foi capaz de facer presión", para que a patronal abandonase o seu "discurso rancio".
O paro continuará até que a patronal acepte as reivindicacións dos tres sindicatos que están presentes nas negociacións (UXT,&nbsp CCOO&nbsp e&nbsp CIG), mais os posicionamentos de cada unha das partes está moi distanciados.

Negociacións distanciadas ante a postura "inamovíbel da patronal"

A pasada semana a Xunta decidía suspender "de xeito temporal" a mediación que comezara entre sindicatos e patronal do Metal, mais sinalando que as negociacións "non estaban rotas". Esta semana houbo unha outra xuntanza, segundo indicou Ramón Sarmiento, entre voceiros de cada unha das partes e tamén do Goberno, que lles anunciara aos representantes dos traballadores un cambio nos interlocutores. Porén, segundo dixo Sarmiento, "a patronal segue parecendo un disco raiado".
"Non mudan o seu discurso, e mentres nós fomos cedendo nas nosas reivindicacións -ao comezo tiñamos 48 pedimentos que eran ben lexítimos, e algúns deles históricos, que fomos aparcando, para falar só de dúas cousas-; eles din que a última oferta que puxeron na mesa -dous anos de validez do convenio, e un incremento salarial por baixo do IPC real- é a que vale, e que se non a collemos, desaparece", recalcou Sarmiento.
Tampouco lle valen a Sarmiento as escusas dos empresarios, que din que debido á crise non poden manter os incrementos salariais que exixen os traballadores, xa que "aínda que a situación económica é complicada, non o é tanto para ceder a un incremento que é factíbel. Hai outras cousas que si supoñen un custo importante para a patronal que aínda non se discutiron, como os intereses que lles pagan aos bancos polos créditos, ou o exceso de garantías que lles piden", sinalou o responsábel de CCOO, lembrando que os sindicatos tíñanlle ofrecido, máis dunha vez, aos empresarios "facer fronte común" para evitar os abusos dos bancos. "Mais semella que a eles -as entidades bancarias- non teñen inconveniente ningún en pagarlles", subliñou.
&nbsp
Esta quinta feira de mañá están organizados novos actos de protesta no que sería a sexta xornada de paro do sector.&nbsp

17h30&nbsp

Primeira Linha em Rede&nbsp

Crónica e imagens da luita operária em Vigo: resposta contundente às provocaçons patronais

Como já avançamos na manhá de hoje, desde bem cedo o proletariado do metal do sul da Galiza começava a primeria jornada de luita das duas convocadas para esta semana. Camaradas participantes na luita informam de que em Vigo, até as 12h aproximadamente, os piquetes fôrom encarragando-se de supervisar que todas as companheiras e companheiros do sector pudessem exercer o seu direito à greve e à mobilizaçom por um convénio digno.

Nessa hora juntavam-se na Praça dos Cavalos os blocos de operários que vinham de Vulcano, Barreras, Polígono do Caramuxo e Avenida de Madrid, para se dirigirem até a Praça do Concelho. Ali realizou-se umha assembleia na qual se informou de que os patrons retiravam a proposta de aumento de 2%. Informou-se também de que a resposta operária será greve de três dias na semana vindoura terça, quarta com greve de todo o sector (incluíndo as empresas com convénio próprio), mais a proclamaçom de greve geral indefinida na sexta.

O contingente operário dirigiu-se entom até a praça da América, onde a Polícia espanhola despregou as carrinhas dando voltas ao lugar para rebentar a concentraçom, carregando imediatamente contra a classe trabalhadora que ficava na zona.

Boa parte das atacadas e atacados reagrupárom-se em Barreras, onde se montarom barricadas para a autoprotecçom perante o ataque dos polícias que baixavam pola rua Corunha. Os meios de comunicaçom ocultam este ponto: a &nbsp segunda brutal carga com gases e bolas de borracha à qual o proletariado presente respondeu com coragem e dignidade. Mais de umha hora durou a batalha campal que tivo lugar motivada pola agressom dos fardados de azul. A classe operária defendeu-se com todo o que tinha à mao, servindo-se no próprio estaleiro.

O autocarro que ardeu nom o fijo em Camélias como dim os meios convencionais procurando ocultar a gravidade da barbárie policial, e sim no cruzamento de Beiramar com rua Corunha.

Por outra parte, na assembleia que houvo polas 14h em Barreras depois da retirada da polícia, informava-se de que a essa hora se tinha conhecimento de polo menos umha detençom e de vários companheiros feridos. Esta tarde haverá reuniom das centrais sindicais para coordenar a luita de amanhá. Os ánimos som bons, o proletariado presente em Barreras votou unanimemente que a cada agressom recebida, a nossa resposta será maior.


12h00&nbsp

ANT

Os traballadores do sector metalúrxico de Vigo, que manteñen hoxe a súa 5ª xornada de greve, mobillízanse polo centro en protesta pola decisión da patronal de tentar prorrogar o convenio actual.&nbsp

De feito, desde primeira hora da mañá, os folguistas saíron dos seus centros de traballo, provocando multitude de cortes de circulación ao seu paso. Traballadores dos estaleiros da zona de Teis -Vulcano e Metalship- saíron pola rúa Sanxurxo Badía e continuaron pola Travesía de Vigo. Os de Beiramar cortaron o tráfico de camiño cara ao centro da cidade e os piquetes de empresas do Porriño entraron na cidade pola Avenida de Madrid.

Máis tarde, os distintos grupos de folguistas concentráronse na Praza de España, onde mantiveron o tráfico cortado até as 11.30 horas. Agora dirixirse cara á Praza do Rei para celebrar a asemblea na que se decidirán as próximas actuacións a levar a cabo tras a rotura das negociacións cos empresarios do ramo. A patronal ofrece prorrogar o convenio actual e unha "suba salarial cero", polo que os sindicatos estudan endurecer as medidas de presión.&nbsp

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS