Feminismo galego: às ruas outra vez contra a reforma da lei do aborto

Publicidad

A Plataforma galega polo dereito ao aborto convoca concentracións perante a mudanza lexislativa presentada polo PP.

Coincidindo coa sesión plenaria na que se debaterá e votará a toma en consideración da proposición de lei presentada polo Partido Popular, a PGDA convoca mobilizacións nas principais cidades do país.

texto rexistrado na Cámara baixa exixiría ás mulleres menores de 18 anos contar cunha autorización familiar para interromperen un embarazo non desexado. Até o momento estas podían abortar se así o decidían pois a lei fixaba que «o consentimento» corresponde «exclusivamente a elas» de igual maneira que unha persoa maior de 18 anos.

Neste senso, a lexislación fixa a necesidade de informar a, cando menos, unha persoa da familia (nai/pai, titoras legais ou persoas coa patria potestade), un requerimento do que se prescinde naqueles casos en que a muller alegue «fundamentalmente que isto lle provocará un conflito grave, manifestado no perigo certo de violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións, maos tratos, ou cando se produza unha situación de desarraigo ou desamparo».

De seguir adiante a proposta do Partido Popular suprimirase o apartado 13 «que queda sen contido». Aliás, re-escribese o artigo 9.4 para pasar a fixar a obriga de que «menores de idade ou persoas con capacidade modificada xudicialmente será preciso, ademais da súa manifestación de vontade, o consentimento expreso dos seus representantes legais». Neste senso, os posíbeis «conflitos» que se deriven deste consentimento serán resoltos «de conformidade co disposto no Código Civil», pola vía xudicial.

Dereito a casar, ter relacións sexuais e ter un traballo

Na exposición de motivos o grupo propoñente afirma que o obxecto da lei é «superar a singularidade que para as menores de idade implicou o tratamento introducido pola lei» anterior (2/2010). No entanto, estas poden –segundo a reforma aprobada polo propio Partido Popular– manter relacións sexuais consentidas sen estas constituír un delito a partir dos 16 anos no que se define xuridicamente como «idade de consentimento sexual». Con anterioridade situábase nos 13 anos.

Tamén así, poden asinar un contrato laboral sendo a idade mínima para poder facelo os 16 anos ou mesmo casar desde a reforma de 2013 en que o PP modificou o Código Civil para que esta decisión for legal a partir dos 16 anos –antes 14.

Desde a Plataforma Galega en Defensa do Dereito ao aborto sinalan que «o PP volve de novo á carga cuestionando o dereito das mulleres a decidir sobre os nosos corpos, atacando a faixa de idade máis vulnerábel e con menos medios como son as mozas de 16 a 18 anos». Neste senso, lembran que as mulleres desta idade «non poden decidir sobre os seus corpos, pero si poden casar e ter descendencia, asumir responsabilidades importantes e fundamentais na súa vida sen permiso de nais e pais e sen tutoría legal».

Perante esta realidade, convocan a sociedade galega a se mobilizar –máis unha vez– nas principais cidades do pais na defensa do dereito ao aborto e a soberanía dos corpos «tamén das menores».

Horas e lugares

Vigo. 19h. Diante do MARCO

A Coruña. 19.30h Diante da sede do PP

Compostela. 20.30h. Diante da sede do PP

Ferrol. 20h. Praza de Armas

Lugo. 20h. Diante da sede provincial do PP

http://www.diarioliberdade.org/galiza/mulher-e-lgbt/55331-feminismo-galego-%C3%A0s-ruas-outra-vez-contra-a-reforma-da-lei-do-aborto.html

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More