“El problema clave”. Coa clave do problema. (A Nines Maestro, en reconocimiento a su maestría militante)

Publicidad

Por Herminio

¿Cal é o momento xusto desde o que, e polo que, se nos pode considerar responsables da autoría certa de calquera dos nosos actos? Dende o punto de vista da antiga cultura xudeu-cristián, non cabe ningunha dúbida: Adán e Eva resultaron responsables, para Deus, no momento en que triscaron da mazá do Paraíso. Pero a culpa polo feito estendeuse a máis alá, acadando á descendencia dos mesmos e a toda humanidade. Desde entón, o mesmo Deus, por medio de algún diluvio ou miseria sobre ela, non deixou de recordarnos, quen nós en verdade somos; os derradeiros e auténticos culpables do pecado orixinal. E ben asumimos isto, ou non seremos fiables ó noso Deus como os auténticos crentes, nin moito menos católicos –xa nin sequera cristiáns– dignos de ser amparados polo Estado nacional, se este é confesional, oficial ou oficioso, ou tan só por tradición maioritaria, que nisto tanto nos dará hoxe en día, de ser que viñera a conto o que é simple alegoría.

O caso ven sendo agora o tema que nos ocupa. ¿É xusto, ou sequera racional, que carguemos nós coa culpa dos nosos antecesores directos, e aínda máis se é polo feito de ter cometido un erro –

eu diría que probable– derivado da ignorancia? ¿Por que ten que pagar un aquilo que non foi del, sexa o ben ou sexa o mal?

De todo isto, o que agora se me evoca é o conto do aldeán, quen con motivo de celebrar o Nadal, por cumprir coa tradición, cada ano recoñecía a ascendencia do señor unha vez máis e regaláballe un galo. Segundo a súa experiencia, ata onde el recordaba, éralle unha obrigación; como a dos ovos de Pascua, dos que, dende a súa tenra infancia, ben sabía que estes eran reservados para o cura con motivo das ofrendas parroquiais.

Por isto, sinxelamente, ó ter en conta estes casos, recoñezo como propia a impotencia do vasallo e aclaro o de máis arriba (non busques lector, amigo, explicación máis doada). Por  moito que outros desdigan, NO CONTO DAS HIPOTECAS, que estes días nos contaron, todo quedou aclarado: os ovos ó señor cura son os impostos pagados ó cargo das devocións parroquiais dos seus paisanos; os curas ou sacerdotes –sexan clérigos ou laicos, e inda que fosen, o mesmo, empregados de Facenda– son simplemente encargados de avivar nas conciencias cidadáns as obrigas de pagar; logo veñen os banqueiros, recadadores de oficio que aparentan non ter mando, son os que levan a palma dos beneficios que o sistema lles regala, e aquí entran os ministros e ministras do Estado, co seu Presidente ó fronte (sen obviar ós reis do mambo, inda que non fagan falta), quen fan a cama ós banqueiros cada día da semana, pois que por isto estes cobran o tanto esoutros pagan.

Non obstante, que o conto non quede así, posto que por riba de todos eles está Deus, o Supremo que os manda; isto é, O CAPITAL.

Máis aló, arrastrado polo chan, queda o pobo soberano, que se non foi nomeado antes de chegar aquí é porque, sendo un mal cabido, igualmente nos resulta indigno do Paraíso.

Por último, que ninguén diga que en Kaos, nunca se viu aclarado ningún tipo de problemas. ¿Acaso non queda dito por onde vai o sentido e a onde conclusión do Pecado Orixinal.

También podría gustarte

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More