El fin de la corrupción

Publicidad

Por Herminio

Vuelvo, aunque no será a mí a quien le corresponda firmar abajo, sino a Hermógenes, otra vez más, en consecuencia de su insistente querencia por mostrarnos que continúa sintiendo frustrada su preferencia de verter sus opiniones hacia el entorno cercano usando en ello el medio más adecuado de un diario comarcal –el de “La Voz de Barbanza”–, y en su lengua adoptada, que, aunque fuese restringida, como norma del diario, a este caso y poco más, por el mero hecho de usarla, él la siente, en la función de opinar, absolutamente digna. Tan digna y tan necesaria que igualmente le resultan las ideas que pretendió reflejar en dicho medio, pero que no vio editadas junto a otras, en su opinión, más afines a su línea editorial. Y, claro es, que también siente que Kaos anda sobrado en calidad de opinantes de más peso y mayor profundidad (de los cuales se alimenta, si quiere ponerse al día, según él mismo confiesa), como sabe que tampoco es ningún Petras, como para siquiera esperar que alguien le preste atención. Mas, precisamente por esto, al ser Kaos un recurso más viable que el impedimento dicho para él, es por lo cual todavía no ha perdido la esperanza de poder sentirse vivo. Ésta es su necesidad: Hacer de modesto enlace comunicante entre sus propias ideas –y bien sabe, y nunca lo ocultará, tal y como hacía antes, que han brotado de otras fuentes– y su entorno comarcal,  puesto que, aun siendo menos viable que siga siendo Barbanza, hay lectores que le siguen.

Y aquí os mando la prueba, incluyendo a su testigo. Por supuesto, en formato heterodoxo al normal de los diarios, sin limitación de espacios ni caracteres a los que, de no ser por otro medio que el que pretendía antes, se vería fatalmente sometido. No obstante, también me confiesa Hermógenes, que de querencias pasadas, aun por mínimas que sean, siempre queda algún resabio: 

O RETROVISOR

(Novembro, 2016)

O fin da corrupción

 

O LECTOR: Ultimamente non encontro moita ocasión de escribir a través de internet. Ademais non me senta ben á saúde. É como si me causase distorsión da atención: Eu quero fixala naqueles puntos que me interesan, pero o ordenador opera constantemente redirecionando a información e as imaxes segundo criterios propios. De todos modos aquí vai este breve comentario, cun pouco de retraso, sobre un dos teus últimos artigos, do “Retrovisor”, que me ofreciches a ler:

EL FIN DE LA CORRUPCIÓN.

Cuando el Capitalismo hizo irrupción, hace aproximadamente 200 años, las sociedades en que se instaló como por derecho propio estaban, hasta cierto punto, ya previamente corrompidas. Este sistema acabó por minarlas hasta en sus fundamentos. Su estrategia principal ha sido la extorsión financiera, medio con el cual ha llegado  a materializar tan profundamente los intereses e inquietudes de las masas, que en la actualidad es en esta esfera donde reside el resorte único que las mueve. Todo otro tipo de calidad humana ha descendido hasta el cero. Por ejemplo, la voluntad política. Hoy la política no trasciende de ser un mero juego parlamentario, o aún un show mediático equiparable a otros programas de entretenimiento. Ayer tenía motivaciones de mayor envergadura, habiendo sido propiamente la influencia del Capitalismo quien, sobre la base de sobornos y cohechos, logró depauperarla. Todas estas circunstancias de devaluación vital condicionan indefectiblemente un cambio de sistema en que la corrupción política se hace prácticamente innecesaria, la extorsión financiera queda obsoleta y el elemento de poder necesario y suficiente se circunscribe a los efectos de la pulsión mediática. (Obviamente en lo que significa la dimensión intrínseca  de las sociedades desarrolladas Occidentales. Con todo lo que cae fuera del radio de acción de las mismas, se seguirá practicando el Capitalismo más desaforado – Por precisión inevitable y en tanto no se alcancen estadios de evolución en que puedan aplicarse iguales procedimientos). Saúdos.

HERMÓGENES: Quizais sigamos ancorados nos fundamentos do Manifesto Comunista, como única maneira de poder acertar coa explicación correcta da nosa realidade.

Pero relacionas de tal modo os conceptos que utilizas no discurso (con tanta seguridade significativa, sen que eu dubide, en absoluto, do acertado do seu uso relativo para o meu entendemento), que non consigo entender a totalidade do mesmo, se previamente non che puntualizo en certas particularidades. Por exemplo, de partida, a irrupción do capitalismo non data en 200 anos, senón de moito antes. En todo caso, supoño que desa data arrancaría a determinación definitiva do sector financeiro sobre a realidade social. Por outra banda o Capitalismo, ó nacer, xa levaba (como leva) nas entrañas, xeneticamente,  a condición natural (a explotación humana) da  súa auto-destrución, é dicir, a súa propia corrupción, como ser vivo parasito, incrustado na humanidade mesma.  Ou,  xa ben, cara ó final do paréntese, a última afirmación deberei interpretala do seguinte modo: -Por (ou Con) precisión inevitable y en tanto no se alcancen estadios de evolución en que puedan aplicarse procedimientos eficazmente semejantes desde la parte oprimida.

O LECTOR: Primeiro habería que saber por que  a «explotación humana» e un principio de corrupción. Segundo a lei moral de Cristo non cabe dúbida. Pero consultando ás físicas, ás matemáticas ou incluso, e sobre todo, a bioloxía, a cousa non está tan clara. Ata agora supuxemos que todo iso que nos contaran eran fantasías; que Deus non existe, que o inferno é un bulo, e que Xesús era un home. ¿Cal é entón, con rigor, a demostración de tal principio de corrupción?.

Supoñamos que desde os albores da humanidade existe a imposición de tal explotación humana conxuntamente cunha forza paralela que tende á liberación absoluta de todo individuo. Supoñamos que son estas dúas forzas as que moven a Historia ata chegar á redención definitiva do xénero humano nunha sociedade perfecta. Isto é dialéctica hegeliana, pero cunha aplicación tendenciosa de insurrección social. Hegel simplificaba demasiado o mundo, no que realmente existen múltiples forzas concorrentes en diversas direccións -a teoría do caos-; tamén simplificaba demasiado o resultado, que no fondo non significaba máis que unha especie de baleiro ao que se chega e que daba en chamar «Deus». En canto á insurrección social a veces é saudable, pero comunmente vai en contra das tendencias organizativas no seo das sociedades, que son as que no fondo poden crear estruturas aceptables. Non lle chamemos explotación entonces, senón eufemisticamente «disciplina de Partido». Os leninistas non discutirían comigo este último punto; e eu pregunto: ¿Ata onde chegaría o seu socialismo de Estado?¿Quizás ata o Deus hegeliano?.

Antigamente as doutrinas filosóficas tiñan dúas vertentes: a exotérica, que estaba destinada aos profanos, e á esotérica, dirixida aos discípulos iniciados nos segredos máis ocultos e importantes. Alexandre o Grande reprendeu a Aristóteles, o seu preceptor filosófico, por transgredir estas normas esenciais. Para unha mirada atenta, o Manifesto Comunista ten dúas lecturas. E Marx buscaba o poder como cada fillo de veciño, e ademais, buscábao conscientemente.

En canto a que a mazá do Paraíso Terreal xa tiña no seu interior o verme do capitalismo, non entrarei a discutilo. Pero, se a miña información histórica non é errónea, con anterioridade á Revolución Francesa imperaba en Europa un rigoroso sistema de poder estamental, onde, sen máis, era o don do nacemento o que establecía quen cortaba o bacallau. As razóns profundas de por que isto era así, e de por que se sostiñan tales, quedarán para outro momento, pero non cabe dúbida de que o Poder do diñeiro móvese dentro duns parámetros moi diferentes. Saúdos.

HERMÓGENES: Creo que a cousa é máis simple: Botamos man dos conceptos, tal e como os coñecemos, para procurar comunicarnos eficazmente, de modo que poidamos entendernos. A corrupción e o proceso inverso ó do desenvolvemento vital dos seres orgánicos. A vida mesma non deixa de ser un proceso natural  que pode ser interrompido (violentamente ou non) por unha forza contraria. E esta pode ser aquela á que se veu (e ve) sometida unha parte da humanidade pola outra que a provoca; isto é, que provoca  a explotación. E non é cuestión moral. Vida e morte, en todo organismo vivo, son pura contradición. Tal é a loita de clases. Que, por isto, che emendara, da miña parte, o contido do teu paréntese, da túa anterior mensaxe, na súa segunda parte.

En canto o de  Lenin, segundo el mesmo ditou, o socialismo de estado debería desembocar no comunismo. Outra historia foi ata onde chegou a ditadura do proletariado, no caso da URSS.

De calquera xeito, coma sempre, aproveitarei todo isto para un artigo, que che mandarei, cando o teña publicado (en Kaos, naturalmente).
O LECTOR: Supoñendo que a linguaxe non nos aporte falsas concepcións, estarás de acordo comigo en que un organismo vivo necesita, ante todo, organización… Por definición, e  vala la redundancia.

Imaxinémonos que un día as mans, os pes e demais membros do corpo –por falar da maneira máis simple posible– se senten oprimidos e, en consecuencia, cren que someterse á obediencia do cerebro é unha inxustiza, unha explotación que debe non tolerarse. (¡Coidado: non estou negando que esta explotación exista de modo efectivo! Simplemente digo que se sente como algo ilícito ¿moralmente?). De darse unha insurrección orgánica, dela derivaría, non fai falta ser moi listo para darse conta, a destrución do ser que a padecese. E dicir, que se constituiría un proceso de corrupción ou disolución vital.

Xa ves que entendo o tema de forma diametralmente oposta á túa.

Por outra parte, é dubidoso que a humanidade sexa un ser orgánico como un todo, e, dende logo, o final da mesma non está aínda decretado… estamos en liza. (Non pasa o mesmo coas sociedades particulares, presentes ou pasadas). Saúdos.

HERMÓGENES: Non me vale o exemplo. ¡Ou quizais si! Porque entre os pés, ou as mans, e o cerebro existe, naturalmente, unha perfecta sintonía funcional, pola que o cerebro é capaz de percibir, e o mesmo de interpretar convenientemente, a información correcta, suficiente e necesaria, dende aqueles, de modo que para todos sexa posible o descarte da extralimitación actuante nas funcións que lles son propias a cada cal. E aínda, en caso de erro, a propia Natureza dotou de tal xeito ós organismos vivos, que  eles mesmos, son capaces de chegar a reparar, a favor, calquera erro de consecuencias inconvenientes para eles, de tal modo que o equilibrio natural do funcionamento, nos seres orgánicos, consiga recuperarse. Para a humanidade, trátase de estar aprendendo continuamente, seguindo as pautas, da propia Natureza, descartando, a ser posible, a comisión de erros que a enfronten a si mesma.

Por isto, tamén é que, se seguimos, non acabaremos máis, e quedarei sen artigo. Non obstante, por se houberas replicar, déixote co teu dereito.

O LECTOR: Non somos máquinas programadas. A vida ten as súas alternancias e entre elas hai que ditaminar por unha acción vital común. O equilibrio non existe. Se existise estaríamos parados. (No mellor dos casos, podemos dicir co insigne físico xudaico que non existen nin repouso  nin movemento absolutos, pero isto paréceme rizar o rizo e acercarse perigosamente á metafísica). Ti mesmo te contradís flagrantemente ao rematar dicindo que a humanidade está aprendendo continuamente. Isto significa readaptarse, romper equilibrios e caer en extralimitacións. Non sei, non se me ocorre nada máis. O que ti propós e a democracia dentro do reino orgánico, pero este e o maior dos absurdos; date unha volta por África ou sequera mira os documentais de TV2 cun pouco de visión crítica. A Organización e a Cooperación non son termos equivalentes. Pero quede así a cousa e adiante co artigo. Saúdos.

(E cae o

TELÓN)

HERMÓGENES.

NOTA DEL EDITOR (INTERMEDIARIO): Por mi parte, no consigo establecer con  absoluta claridad las diferencias de dos modos contrapuestos de pensar en el debate anterior. Si acaso, finalmente, de interesar la motivación del mismo en razón de su extensión prolongada, pueda deducir de aquí la razón de Pirandello; razón que también nos sugiere Hermógenes más arriba: Cada quen usa das palabras segundo o significado que para el encerren, pero, pola outra banda, cada quen recíbeas segundo o significado que saiba, poida ou queira entender das mesmas. De aquí la valoración distinta que a cada quien se le alcance. En cualquier caso, si el soporte es en papel, con mucha suerte, acabarán arrojadas al cubo del reciclaje. Las otras se perderán en lo etéreo inmaterial.

 

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More