Do anti-capitalismo e a Revolución

Neste momento en plena crise economica do capitalsmo xurden numerosas plataformas e mesmo organizacións con vocación eleitoral, portavoces de radicaes mediadas paliativas, que definense como anti capitalitas.

Moitas de las teñen sua orixen en grupos de pensamento anarquista, anti.sistema, tamen nos chamados movementos sociaes, outos co unha orixe marxista sen embargo calificanse como anti-capitasltas.

Falase de medidas anti-capitalistas mesmo de loita contra o capital mais sempre parecen eludir definir ou definirse revolucionarios.

Podese argumentar que é porque definir de que tipò de revolución estamos a falar é un atranco para a unidade destes grupos, mais…. como poder avanzar sen definir como é a loita e contra quenes?

A resposta; anti-capitalista. É fácil ver na mesma o discurso anti-político do neo-anarquismo que recheita falar da toma do poder e que fala como dun talisman da "auto-organización" para solucionar o modelo social futuro o calquer outro problema.

Ben, para os marxistas, para os que non esquencemos a loita de clases, a cuestion do Poder e o caracter de clase do Estado é tema central, porque o Poder define no periodo historico estamos a viver e que clases o detentan ou o disputan.

Cando falamos de Revolución definimos a mesma, seus obxetivos e blancos non basta con definirse anti-sistema o anti-capitalista como o fan os emulos de Bakunin hai que definir a que revolución nos referimos.

Vivemos na epoca histórica da Revolución Proletaria e dun xeito xeral esa é a contradicción principal na maioria dos paises ou Estados. Nos paises do terceiro mundo sometidos ao neo-colonialsimo da potencias imperialistas, con residuos semi-feudales a Revolucion de Nova Democracia presentase como unha alternmativa de catro clase dirixida polo proletariado.

Por esto é mais dificil comprender que quenes se definen como marxistas adopten o termino xenerico anti-capitalista sen definir a Revolución e seus obxetivos.

Na nosa nación, os galegos, a sociede galega é e forma parte da unidade de contrarios que é o capitalismo desenrolado e como tal a nosa contradiccion principal é a que enfronta a o proletariado contra a burguesia polo que temos que definir a nosa Revolución como Socialista superadora, en transición, do modo de producción capitalista.

O oportunismo da UPG nos define como unha colonia española, mais eso que pudo ser no seculo XVI, agora no seculo XXI é un disparate. Galiza carece de Estado pero é unha clara formación social do capitalismo imperialista.

O marxismo é moi claro en definir o Estado, como forma historica, de dictadura de clase.

No capitalismo vivemos, ao marxen da forma tiranica o democratica, nunha dictadura da burguesia.

A Revolución traera outra forma de poder, outro Estado, que tera o caracter de dictadura do proletariado, conxuntamente coas demais clases populares (campesinado e pequena burguesia) e a forma que adopte tera que ver coa resistencia que oponga a burguesia.

Ninguen aspira a un Estado policial e teremos que estar moi vixilantes de desviacións autoritarias, mais o povo armado tera que ter claro que é unha loita a morte.

Escamotear estas e otras cuaestion en aras dunha unidade, ao marxen do metodoloxicamente ecleptico, e actuar como filisteos ocultando as masas, as que fan a historia, a realidade e a importancia da loita.

Hoxe a liña de demarcación pasa por definirse Revolucionario, debatendo abertamente que nos separa, mais unidos na necesidade da Revolución como instrumento de transformación da sociedade, "de parteira da historia".

Tal é a situación agora.
(*) Membro da Asambleia de A Coruña do Movemento pola Base.
NOTICIAS ANTICAPITALISTAS