Diante a represión, loita popular !

Comunicado.

Diante a brutal represión policial do movemento estudantil de protesta contra chamado Plan Bolonia en Catalunya e diversos sitios do Estado Español queremos facer publico os seguintes posicionamentos:

1º Manfestar publicamente o noso apoio e solidariedade coa movilización do ensino contra un plan, reaccionario, que tan só pretende impulsar ainda mais o clasismo e a competitividade ao servizo do capital no ensino universitario.

2º Manifestar a nosa condea da actuación dos diversos corpòs represivos, que con gran violencia e brutalidade teñen atacado a manifestantes indefensos e esixir o fin da represión das accións de protesta.

Saudamos a resposta da sociedade catalana na masiva xornada de folga no ensino e as multitudinarias manifestacións, de perto de 100.000 persoas en Barcelona e que teñen reclamado a dimisión do Conceller de Educació, Maragall e de Interior Saura, o fin da represión e xustiza para os culpabels.

Dende a Asambleia de A Coruña do Movemento pola Base facemos un chamado ao noso povo para amosar a sua solidaderiede coa loita contra o reaccionario Plan Bolonia e publico o noso compromiso de apoia-la e impulsa-la na nosa terra.

POR UN ENSINO DEMOCRATICO, POPULAR E DE CALIDADE !

A Coruña, 19 de marzo do 2009

Asambleia de A Coruña do Movemento pola Base.-

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS