De una carta a un camarada de Barbanza

Publicidad

Y esto es lo que nos dice:

Estimado camarada, é para comunicarche que lin as partes das teses que me mandaches e que –non sei se será tan só porque sexan partes– para min que as atopo incompletas. Non obstante, globalmente, estou de acordo con elas,  ata onde puiden ler, ou sexa, ata a conclusión, que di: “A emancipación de clase, nun contexto como o galego, non se pode disociar da  loita  de liberación nacional. Non é  posíbel superar os antagonismos de clase na Galiza sen rachar o noso sometemento e sermos soberanos en termos económicos, políticos e  culturais. O exercicio do dereito á autodeterminación é a condición imprescindíbel para poder ter opción a conquistar un modelo económico e social favorábel ás maiorías sociais, acadar unha sociedade xusta e igualitaria e avanzar cara ao socialismo. A ruptura da nosa dependencia e o exercicio de todos os dereitos como pobo é condición inescusábel para avanzar cara a un desenvolvemento ao servizo de Galiza e das súas clases populares.” (Mais na orde das palabras en negriña, vai de emenda).

Por iso, precisamente, creo que falta o contexto ou, sequera, a concreción dunha referencia ao mesmo o máis completa posíbel, inda que sexa un resumo, pero con datos reais, en cifras, é dicir, totalmente actualizados. Isto é o que eu voto de menos. ¿Por que? Direicho pondo este exemplo:

“Non me basta con que os cataláns me digan que os españois róubanlles. Quero saber como e en canto importa o roubado”. Porque así como xa queda explicado, nesa tese que me mandas, a importancia da loita polo reparto da plusvalía para a toma de conciencia da clase traballadora en fronte do interese capitalista, segundo nos dixo Marx, polo mesmo, non é menos importante para conciencia o saber a canto ascenden realmente as contías da sustancia que o Capital subtrae da economía galega no troque de mercancías, cos seus valores de cambio. Ven sendo a proba de cargo da comisión do delito.

Por outra banda, sobre esta demanda, digo que eu descoñezo eses datos. E quizais esta ignorancia sexa máis ben cousa miña, malia, só por desculparme, cito desas mesmas teses: “Se nos cinximos á UPG, o noso partido será útil e necesario na medida en que o sexa para o debate, a conciencia da realidade, a iniciativa e a  actuación consecuente.”

Xa de aquí –tamén por virme a memoria e querer aproveitar esta ocasión tan doada de comunicar contigo– quixera apuntar o mesmo sobre unha cuestión antiga, pero non moito, nin carente de motivos para min, senón como grave intento de aclarar certas dúbidas sobre a comprensión dos feitos: Se a UPG fixera ou non nos seus días a consecuente autocrítica polos tempos nos que os do PSOE compartiron o goberno de Galiza cos do BNG, e cal foi o contido dela. Éme de suma importancia, a pesar de ser pasado ou o do que outros dixeran. Espero, pois, ó que digas. Saúde, da miña parte.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More