
[CUT] 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
Unha crise do sistema capitalista que afondará ao longo de 2009 con peches de empresas e despedimentos, con miles de traballadores en paro, continuando a precariedade laboral con contratos lixo, incremento do custe da vida e conxelación salarial, en definitiva mais pobreza e represión…., e na que os voceiros do sistema afirman unha e outra ves que non hai responsabeis nin culpabeis, mais unha vez pretenden que a pague a clase traballadora. 
Dende o goberno Psoe estanse a aportar miles de millóns de euros (150.000 millóns até o momento) aos banqueiros e especuladores a conta do erario público sen tomar ningunha medida de control sobre os beneficios millonarios da banca, construtoras e inmobiliarias. 
A súa solución pasa por refundar o capitalismo, con unha serie de medidas para salva-los intereses económicos da patronal a costa dos traballadores e traballadoras. 
Desde a CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS (C.U.T.), entendemos que a crise o que deixou ao descuberto foi o fracaso do sistema capitalista, como temos sinalado en diversos comunicados ESTE SISTEMA NON SERVE!!, o que precisamos é alternativas e cambios reais políticos, económicos, laborais e sociais fronte ao modelo neo-liberal de globalización. 
Nesta data emblemática para o movemento obreiro galego de lembraza dos mártires do 72 Amador Rei e Daniel Niebla, facemos un chamamento a mobilización no camiño da Folga Xeral partindo das seguintes reivindicacións: 
Paremos os despedimentos e peches de empresas. 
Pola defensa dos dereitos laborais e sociais. 
Pola distribución da riqueza e a mellora dos salarios. 
Pola redución da xornada de traballo sen reducir os salarios. 
Seguro de paro e renda básica indefinida. 
Contra todo tipo de discriminación ás mulleres traballadoras, á mocidade, aos inmigrantes,… 
Contra a represión sindical. 
Pola paz e xustiza social, paremos a guerra imperialista e a inversión armamentista. 
Por un Marco Galego de Relacións Laborais e a autodeterminación de Galicia. 
VIVA A DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA!!