Continuam a entrar ilegalmente gaseiros na ria de Ferrol em direcçom à central regasificadora

Publicidad

Reproduzimos a seguir a denúncia realizada na passada terça-feira polo Comité de Emergência da Ria de Ferrol, que continua a manter as concentraçons de protesto cada vez que um novo gaseiro pom em risco a segurança da comarca, ao entrar numha ria que nom garante os mínimos no caso de um acidente.

Hoxe martes 5 de maio, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia, concentráronse ás 7 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia, como acontece sempre que entra un gaseiro cargado na nosa Ría.

O “LNG OYO” con bandeira de Bermudas, eslora 285,48 m. e manga 23,4 m.&nbsp excede da capacidade máxima permitida (140.000 m3) pola Autoridade Portuaria.&nbsp

Por este motivo, &nbsp o CCE, entregou a primeira hora da mañá, sendos escritos a Autoridade Portuaria e a Dirección General de la Energía, denunciando o incumprimento da súa propia normativa, advertindo das responsabilidades nas que incurrían e exisindo que tomaran medidas para impedir a entrada do buque.

O “LNG OYO” atracou hoxe en Reganosa, coa complicidade dos Organismos competentes, deixando a un lado a legalidade e a seguridade dos habitantes desta comarca, polo que o CCE resérvase levar adiante as oportunas medidas xurídicas que corrspondan.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-S.CIBRAO

MUELLE COMERCIAL S/N -&nbsp 15401 FERROL

DIRECCION GENERAL DE LA ENERGIA

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO

Paseo de la Castellana, 160 -&nbsp 28046 Madrid

O abaixo asinante Manuel Angel Rodriguez Carballeira, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, con DNI ..……….. e enderezo, ………………………………, se dirixe a Vde. e Expón:

Estando prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro “LNG OYO” cargado con GNL e con destino á Planta de Reganosa, que a capacidade do citado gaseiro sobrepasa os 140.000 m³ otorgados a Reganosa, establecida nas normas de seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saida de grandes buques gaseiros; con base ao cual tamén se otorgou á autotrización de construcción.

A entrada de dito gaseiro suporía un incumplimento flagrante e doloso das normas de seguridade e da autorización de construcción e cuia tolerancia podería acarrear responsabilidades personais para os organismos de control. Por todo elo, lles Solicito a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na Ría de Ferrol do citado gaseiro.

Ferrol a 05 de Maio de 2009

Asdo. Manuel A. Rguez. Carballeira

Coordinador do CCE.&nbsp

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More