Continúa o proceso represivo contra a Asociación de Solidariedade con Kurdistán-ASK

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN-ASK

&nbsp (03-marzo-2009)&nbsp

Transcorridos dous anos e medio das dúas multas de 4000 euros impostas á ASK, o proceso xudicial contra os nosos compañeiros segue adiante, negando a única saída xusta e comprensível para este caso, é dicer, a absolución total e a rectificación por parte da Subdelegación pola indecencia de todo este asunto.

A situación a día de hoxe ven sendo a que segue:

Recentemente coñecimos a sentenza do xulgado de Vigo, no que se declaraba inocente a un dos compañeiros multados, asumindo o seu dereito á liberdade de expresión. A sentenza recoñecía así o absurdo das multas, polo que o noso compañeiro non debía abonar nin un euro polos feitos que se lle imputaban.

Aínda así, nin unha palabra sobre o feito de manter paralizada económicamente a unha asociación LEGAL e rexistrada na Xunta de Galiza. Nin unha desculpa para un cidadán ao que se lle pisotean os seus dereitos máis elementais. E, desde logo, ningunha intención de asumir os gastos derivados durante estes dous anos.

Cómpre destacar aquí que a Asociación de Solidariedade con Kurdistán é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por voluntários-militantes que non cotizan nin un euro, e que, por suposto, nin reciben (nin queren) ningún tipo de axuda económica por parte de ningunha institución oficial sexa pública ou privada. Ese é o noso xeito de funcionar: non pedimos nada, só que se repeite o noso dereito á solidariedade e á denuncia da situación tráxica á que se somete ao povo kurdo.

Pero o tema non remata aquí.

Un par de semanas despois, celébra-se o xuízo contra o outro membro da asociación. O mesmo caso, os mesmos cargos, o mesmo absurdo… e un resultado completamente diferente. O xulgado de Vigo, ¡o mesmo xuíz!, rexeita o recurso do noso avogado, declarando culpável á asociación dos feitos imputados pola Subdelegación do Governo en Pontevedra.

O xuíz non atende ás reclamacións do avogado, marcha de vacacións, e nós ficamos con cara de parvos e con unha multa de 4000 euros. Alucinante.

Ademáis, négase o dereito de recurrir a sanción neste mesmo xulgado; polo que teremos que recurrir ao Superior de Xustiza de A Coruña. Xa sabemos o que isto provoca: máis gastos (interventores, papeleos…burocrácias).

Diante destes feitos, a postura da ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN-ASK segue a ser a mesma:

-&nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp Consideramos esta multa como un recorte inaceptável dos dereitos civís máis básicos.

-&nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp Interpretamos esta sentenza como unha amenaza política dirixida ao control sumiso e obediente dos cidadáns.

-&nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp Reforzamos o noso dereito á libre expresión.

-&nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp &nbsp Insistimos na intención de continuar coas nosas actividades e ampliar a nosa solidariedade co Kurdistán, un povo dividido, torturado e masacrado, o maior povo do mundo sen voz própia.

Unha aperta solidária.

ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN – ASK

Conta solidária de apoio á asociación:

Caixanova nº 2080 0000 7 2 0003017604

Máis información:

www.nodo50.org/utopiaforo/kurdistan_comunicado.htm

NOTA: SI ALGUIEN NECESITA UNA VERSIÓN EN CASTELLANO O DESEA MÁS INFORMACIÓN:

utopiaforo@nodo50.org

O EN EL NÚMERO DE TELÉFONO:

652.574.752

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS