Concentración o 27 ás 20.30 no Toural pola liberdade de Laura Bugallo: defender inmigrantes non é delito!

Publicidad

… detida na xornada de onte pola Policia Nacional, nunha clara campaña de ataque e acoso á rede de apoio das persoas inmigrantes na Galiza. Porque defender os inmigrantes non é delito, achegáte a amosar a túa solidariedade e difunde!

Detención de Laura Bugallo

O&nbsp martes 26 de maio a Policia Nacional, por orde da Subdelegación do Goberno, procedía á detención da compañeira Laura Bugallo, traballadora da CIG-Migración en Compostela, incansábel loitadora na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, asi como coñecida pola súa actividade no feminismo e no movemento LGBT, nomeadamente desde o seu labor en Transgaliza polo recoñecemento dos dereitos e da visibilización das transexuais.&nbsp

Detiñan a nosa compañeira, integrante da Mesa Nacional do Movemento pola Base, por un suposto delicto de "falsidade documental", que consistiría na axuda e tramitación desinteresada dos papeis a persoas inmigrantes. Asi, rexistraron tanto a súa oficina de traballo, levándose computadores e documentación, como a súa casa, onde tamén fixeron o mesmo.

Esta detención supón un ataque á rede de persoas e colectivos que como a nosa compañeira Laura Bugallo defenden e apoian en todo momento ás persoas inmigrantes. Reclamamos a súa inmediata posta en liberdade, e demandamos que remate esta persecución política contra quen loita polos dereitos dos e das inmigrantes.

Nese sentido informamos da convocatoria dunha concentración este mesmo mércores 27 de maio ás 20:30 na Praza do Toural, pola liberdade de Laura Bugallo e contra este ataque á rede de apoio das persoas inmigrantes porque&nbsp "Defender os inmigrantes non é delito!"

Acude e difunde.&nbsp

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More