Concentración diante da Panadería Santa Rita de Ferrol en apoio de dúas traballadoras

[Traducción al castellano]

[Traducción al castellano]

A Federación de Alimentación da CIG de Ferrol convocou unha concentración na mañá do 30 de xaneiro diante da Panadería Santa Rita para defender o posto de traballo e os dereitos de dúas traballadoras, así como dar a coñecer aos clientes do estabelecemento a situación laboral na que se atopan.

Unha das afectadas, que leva 12 anos traballando no despacho de pan, recibiu un trato discriminatorio por parte da empresa logo de solicitar a redución da xornada laboral para coidar o seu fillo de 3 anos. Nese momento, o propietario iniciou unha campaña de “acoso e derribo para que se vaia da empresa e así non ter que darlle a reducción da xornada”, denuncian dende a FGAMT de Ferrol.

A outra traballadora desta céntrica panadería reclama o recoñecemento dunha baixa por accidente laboral que a empresa non só non aceptou, senón que aproveitou a baixa para despedila.

Protestas diante da Casa do Mar

A CIG de Ferrol tamén se mobilizou diante da Casa do Mar para reclamar o mantemento do posto de seis traballadores do vixilancia e limpeza do edificio, que van perder o seu emprego por mor da fin do contrato entre o ISM e a Xunta. Dende a CIG de Ferrol reclamaron a Vicepresidencia, que vai ocupar parte das instalación cun centro de día para enfermos de alzheimer, que non suprima estes seis postos, aínda que, segundo lles informaron na xuntanza mantida coa administración, esta “di que non se pode facer cargo dos traballadores/as”.

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS