Concentraçom solidária com a sindicalista galega «acusada» de ajudar imigrantes sem papéis

Publicidad

Hoje mesmo ficou livre Laura Bugalho, depois de apresentar declaraçom perante o juiz. Ontem, às 20h30, mais de 200 pessoas manifestárom-se polo centro da capital da Galiza até a esquadra policial para reclamar a liberdade da trabalhadora de CIG-Imigraçom em Compostela, Laura Bugalho, conhecida polo seu importante labor em apoio à populaçom trabalhadora imigrante, além de activista do movimento LGBT galego.

Apesar da falta de interesse de umha parte da direcçom do seu próprio sindicato, as bases do mesmo, imigrantes e membros dos movimentos sociais da cidade aderírom à convocatória, realizada com urgência via SMS e na rede, para exigir a saída dos calabouços da sindicalista. A atitude da dirigência sindical foi denunciada polo Movimento pola Base, organizaçom política em que milita a detida. Para o MpB, a posiçom da burocria sindical foi de "distáncia e&nbsp cobardia", já que “negou o seu apoio formal e público à nossa companheira, favorecendo o clima criminalizador contra Laura”.

Laura Bugalho foi detida pola polícia espanhola na manhá da terça-feira, sendo-lhe requisado diferente material do seu escritório nos locais da CIG de Compostela. O seu apoio à populaçom trabalhadora imigrante com mais problemas sociais e a sua constante denúncia de máfias relacionadas com a imigraçom estám na origem deste operativo repressivo.

Após ter passado as duas últimas noites nos calabouços da esquadra policial compostelana, prevê-se que hoje à manhá seja interrogada nos tribunais de justiça das Fontinhas. Solidárias e solidários com Laura Bugalho voltárom a concentrar-se para a receberem, lembrando que "defender imigrantes nom é nengum delito".

Comunicado emitido polo Movimento pola Base após a libertaçom de Laura Bugalho:

Laura Bugallo en liberdade!&nbsp &nbsp &nbsp &nbsp

A Mesa Nacional do Movemento pola Base quere amosar a súa solidariedade coa compañeira sindicalista Laura Bugallo.&nbsp

Laura é unha persoa sobradamente coñecida na comarca de Compostela polo seu traballo en prol da defensa dos dereitos humanos e laborais das persoas inmigrantes tanto desde o seu traballo na CIG Migración como noutros foros e redes de axuda a este colectivo.&nbsp

Deste xeito consideramos que a detención de Laura é unha caza de bruxas contra aqueles sectores da sociedade galega solidarios coas persoas inmigrantes e que fan máis leve no dia a día a aplicación da inxusta lei de Estranxeria, e que sempre loitaron en contra desta inxusta lexislación.&nbsp

Preguntámonos se a dureza aplicada contra Laura por parte das autoridades xudiciais e policiais, máis de 48 horas encarcerada, detención no lugar de traballo, rexistro do seu domicilio, etc, tamén son aplicadas aos empresarios que todos os dias explotan man de obra inmigrante sen dereitos, e que son os novos escravistas do século XXI, gozando de total impunidade.&nbsp

Nese sentido, non nos deixa de sorprender a posición de indiferenza, distancia e cobardia manifestada por parte da maioría da dirección da central sindical nacionalista CIG, na que Laura exerce o seu labor sindical, traballo polo que precisamente foi detida. Nestes duros momentos a maioría da dirección da CIG non estivo á altura, negou o seu apoio formal e público a nosa compañeira, favorecendo o clima criminalizador contra Laura.&nbsp

Todos e todas os que coñecemos a Laura non dubidamos da súa incuestionábel labor e traballo solidario e honestidade na loita contra a inxustiza nas leis que considera a certas persoas ilegais e favorecen situacións de neoescravitude, negando dereitos humanos a persoas polo mero feito de ter nacido en países empobrecidos.&nbsp

Por último, sentímonos moi orgullosos e orgullosas do apoio amosado o mércores 27 de maio por múltiples persoas, colectivos e organizacións que se manifestaron en solidariedade con Laura, e que desde a Praza do Toural até ás portas da comisaria máis de 200 persoas se mobilizaron pola liberdade de Laura e cun berro unánime: defender inmigrantes non é delito!&nbsp &nbsp

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More