Concentraçom contra o desemprego e a precariedade em Ferrol

Publicidad

Non podemos permitir que o paro siga medrando e que os capitalistas tenten utilizar-nos para ameazar ao resto de traballadore/as e [email protected]&nbsp
&nbsp
Esta crise non ten solución. Nen o sorriso de ZP nen a inxección de miles de millóns aos bancos devolvera-nos o mundo que deixamos atrás. O sistema está enfermo de morte, así que o único que lles queda é apontoa-lo para que non caia.&nbsp
As causas da crise&nbsp
&nbsp
Queren facer-nos crer que a crise é só un resultado do crecimento descontrolado da especulación financeira. Pero este crecimento sen precedentes ven de atrás: da fuga de capitais da esfera produtiva, perante as dificultades de crecimento da economía real desde os anos 80.&nbsp
&nbsp
A reacción do capital productivo, en todo o mundo, consistiu nunha presión constante para reducir os salarios e a extender a xornada laboral, así como para disminuir as suas cargas tributarias e utilizar o Estado para subvencionar a acumulación privada de capital.&nbsp
&nbsp
Esta ofensiva do capital acompañou-se, así, de políticas orientadas a debilitar o papel económico dos poderes públicos, e a promover a precarización laboral e vital. Isto, no Estado español, creou a economía caracterizada pola especulación imobiliaria e taxas insustentábeis de endevedamento das familias.&nbsp
&nbsp
Pero con todo isto non se resolveron os limites da economía real, cuxo crecimento é a base da especulación. O desenvolvimento tecnolóxico aumentou en tal medida a productividade do traballo, que o ritmo de creación de emprego fica cada vez mais lonxe do ritmo ao que crece a producción. O mercado non chega e a lei do beneficio privado determina entón como una necesidade o retroceso social [email protected] traballadore/as.&nbsp
A situación actual&nbsp
&nbsp
Cunha economía cada vez mais tecnolóxica e mundializada, pero tamén con mais explotación do traballo e menor redistribución da riqueza, o capitalismo xa non pode proporcionar nengún progreso social. Por iso, unha grave crise da economía mundial era cuestión de tempo. E tamém o antecipo de un deterioro social maior.&nbsp
&nbsp
@s traballadore/as que agora estamos no paro somos a consecuencia de todo isto, e sería unha ilusión pensar que a maioría de nós conseguirá traballo a corto prazo. Dentro de 1 ano falaremos de 5.000.000 de [email protected], dos que 30.000 estarán na zona de Ferrol.&nbsp
&nbsp
Se ata agora non se produciu unha explosión social é porque ainda maioría [email protected] [email protected] seguimos a cobrar a prestación ou o subsidio. Con todo, 1.000.000 xa non cobramos nada. E a finais deste ano a cifra será o dobre.&nbsp
Que facer?&nbsp
&nbsp
A Conselleira de Traballo promete axilizar EREs e despidos, mostrando o camiño cara a política antiobreira que se aproxima. O goberno ZP, que recapitalizou a banca con diñeiro público, danos cos investimentos do “Plan E” outro exemplo da sua “política social”: trata-se de reactivar a acumulación privada na Construcción, sen importar a calidade do emprego e o uso dos cartos, pasando polas das redes clientelares dos concellos. Así, mailas suas ridículas migallas, este goberno está íntegramente ao servizo de empresários e banqueiros.&nbsp
&nbsp
[email protected] @s traballadore/as temos que pasar à acción. Contra o despotismo patronal e a política procapitalista. Polo reparto da riqueza e a participación decisiva das plantillas na administración e dirección das empresas. Polo desenvolvimento dun sector público e dunha banca pública fortes, eliminando a subcontratación na industria e nas obras públicas, para crear empregos dignos. Por prohibir as horas extras continuas en todas as empresas. Por que toda a contratación laboral pase polo INEM, en combinación con bolsas de traballo sectoriais. Por recapitalizar o Sistema de Benestar Social. Pola utilización dos recursos públicos con fins sociais, en lugar de subvencionar o capitalismo.&nbsp
&nbsp
Frente ao desamparo económico e político, non é aceitábel que os sindicatos maioritarios fagan de comparsas do goberno. Como se o aumento do paro fose como un mal inevitábel.&nbsp
&nbsp
@s traballadore/as non podemos deixar que se nos trate como mercadoria, como forza de traballo cuxo único dereito é vendernos por un salario, servir ao beneficio privado e, se non, ficar na miseria.&nbsp
– Por unha política social cuxo verdadeiro eixo sexa o dereito a un traballo digno para [email protected]&nbsp
– Dereito a un subsidio indefinido para [email protected] @s [email protected] igual ao salario mínimo interprofisional (624 euros).&nbsp
Folga Xeral en prol [email protected] traballadore/as no paro e na precariedade!&nbsp
Traballo digno para [email protected] A nosa vida non pode ser unha mercadoría!&nbsp
CONCENTRACIÓN VENRES 15 DE MAIO ÀS 12:00&nbsp
FRENTE EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL&nbsp
También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More