Caramelo, preto do feche cunha suspensión de pagamentos

A dirección da empresa téxtil galega Caramelo, participada por Manuel Jove (accionaista maioritario)e o Goberno Galego (accionista minoritario) anunciou o sábado que comunicou ao Xulgado Mercantil de A Coruña a fase previa de negociación cos acredores, para cumprir as obrigas legais "derivadas da crítica situación financeira que sofre a compañía", ao amparo do artigo 5.3 da Lei Concursal, o que popularmente se coñecía antes como concurso de acredores ou suspensión de pagos

Segundo indicaron fontes próximas a Caramelo, a comunicación formalizouse onte ante a "crítica" situación financeira da compañía, cunhas perdas acumuladas de 51,9 millóns de euros en tres anos.

Neste escenario, a dirección de Caramelo ve "imposible" reflotar a sinatura coa actual estrutura de custos polo que presentou a comunicación ao xuíz de que xa iniciou as negociacións cos acredores.

Segundo indica Caramelo, unha vez rematado este proceso, a empresa, "haxa ou non alcanzado as adhesións necesarias para a admisión a trámite da proposta anticipada de convenio, deberá solicitar a declaración de concurso".

A dirección da sinatura téxtil lamentou "ter que chegar a esta situación" xa que, precisou, se ben "se podería contar cun último esforzo investidor" para levar a cabo o plan de negocio que reflotase ao Grupo Caramelo, considera que a "única forma" de recuperar a competitividade e "salvar" a empresa e aos seus empregados é con "un reaxuste en todas as áreas de custo", cumprindo así "co plan de viabilidade".

Caramelo insiste en que a sinatura atravesa agora mesmo unha situación "insostible" que obriga a executar "de inmediato" todas as medidas propostas no plan de viabilidade, xa que "o atraso ou a non consideración dalgunha delas impoibilitaría a continuidade da empresa e levaríaa ao peche".

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS