Cómpre unha resposta social á ilegalización de Iniciativa Internacionalista

Publicidad

contou coa participación dos camaradas da Frente Popular Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, Mariano Abalo e Xan Carballo amais do responsábel xeral da candidatura Luis Ocampo.

&nbsp
Méndez Ferrín, membro do Comité Central da FPG, condenou enerxicamente a ilegalización desta lista participada pola Frente Popular Galega e explicou o apoio dos sete camaradas da nosa organización na necesidade de artellar unha alternativa asentada nos principios do internacionalismo e a solidariedade entre os pobos oprimidos.
&nbsp
Para Ferrín, esta candidatura supón unha alianza histórica entre forzas políticas das diferentes nacións sen Estado, e pon en escena á esquerda real do Estado Español nos parámetros da loita anticapitalista, da defensa dos dereitos democráticos e da loita pola autodeterminación e o socialismo. Louvou a seguir a figura de Alfonso Sastre, cabeza de lista de Iniciativa Internacionalista, xa que amais de simbolizar décadas de loita antifranquista, logo do seu exilio no País Basco, encarnou e encarna aínda hoxe a loita deste pobo pola súa liberación, converténdose así nunha das voces máis autorizadas en Europa e no Mundo.
&nbsp
A decisión da ilegalización da lista electoral de I.I. insírese para Ferrín no programa político da IIª Restauración Borbónica deseñada por Franco, co apoio chave do PSOE e mailo PP, e ten un claro carácter tardofranquista.
&nbsp
Tamén Xan Carballo, camarada da FPG, reflexionou ao redor do carácter internacionalista desta Iniciativa, incidindo logo en que a denuncia do status quo, o cuestionamento do sistema capitalista, é a impronta que a loita obreira deixa nesta candidatura de clara raigame clasista.
&nbsp
Luis Ocampo, representante xeral da candidatura, afirmou que esta é perfectamente legal, xa que con data do 11 de maio a Xunta Electoral Central proclamou a súa legalidade e posto que se cumpren nela tódolos requisitos que a lexislación estaceblece para a apresentación dunha lista electoral. Cualificou ao tempo este intento de ilegalización por parte do Estado español, orquestrado polos mass media e as forzas de seguridade, como o máis grave atentado aos dereitos civís e políticos dende o golpe de estado do 23 de febreiro, esta vez dende o propio poder, restrinxindo o xa de seu deficitario e fráxil sistema de liberdades e dereitos.
&nbsp
Anunciou tamén a interposición de querelas criminais contra o Ministerio do Interior e de Xustiza españois, polas acusacións verquidas no seo dunha campaña mediática agresiva, cunha clara dirección política do PSOE. Por iso insistiu en que dende o gabinete de Rubalcaba se activou toda a maquinaria do Estado e se despregaron unha serie de limitacións materais ao exercicio do dereito fundamental a votar e ser votado. “Dálles medo que academos un eurodiputado”, afirmou. Manifestou en último lugar a súa reafirmación na necesidade dun profundo cambio político, social e cultural a través de formas de loita social, botando man da convicción e a mobilización.
&nbsp
Finalmente, o camarada Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG, fixo un chamado ás forzas políticas e sociais a se manifestaren contra a ilegalización e a se mobilizaren, xa que é esta a única forma de evitar o perpretamento deste tipo de atentados contra os dereitos fundamentais e a libre expresión.
También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More