Brutal agresión fascista a un independentista galego en Ferrol

Publicidad

Na noite da quinta feira, 7 de marzo, e F.J.M. coñecido militante independentista era agredido en Ferrol a mans dun grupo de fascistas formado entre oito e dez individuos. Resultado da agresión, F.J.M., membro de Causa Galiza, sufriu varias fracturas e fisuras óseas na cabeza que o levaron ao hospital.

O parte diagnóstico dá conta do “selvagismo e a intencionalidade última dos agressores”, denuncia Causa Galiza a través das redes sociais, nas que amosa a “mais absoluta indisposiçom a permitir a normalizaçom deste tipo de acontecimentos”.

A organización independentista a apela á “necessidade dumha resposta ampla e plural ao crecente despontar de incidentes e agressons provocados polo fascismo espanhol nas ruas da Galiza”. Non é a primeira vez que se producen feitos semellantes. En decembro de 2018, un mozo de Galiza Nova era agredido en Pontevedra por portar unha camisola coa bandeira da patria.

Diante dos feitos, Causa Galiza anuncia que desenvolverá nos próximos días e semanas “as iniciativas judiciais, informativas e propagandísticas necessárias para impedir que a açom criminosa deste grupo fascista fique impune e evitar a repetiçom de situaçons como as vividas nesta semana”.

También podría gustarte

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More