Assembleia de Coia denunciará a vice-presidenta da Cámara de Vigo por acusá-la de «nazi»

Publicidad

Nunha asemblea celebrada onte a Asemblea Aberta de Coia tomou a decisión de denunciar a Carmela Silva pola comisión dun delito de inxurias e calumnias contra as integrantes do noso movemento, pola publicación na súa conta de twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos «antialfageme» de ser «nazis» e de impoñer a nosa opinión «exercendo a violencia».

Parécenos intolerable que unha representante da cidadanía, cun cargo como o de Tenente de Alcalde, fale neses termos de persoas que non fan máis que denunciar a ineficacia e insuficiencia da política social do Concello.

A chamada loita da rotonda foi dende un principio e até o de agora un movemento reivindicativo pacífico e comunitario, no que diversas xentes do barrio de Coia e da cidade, intentamos visualizar a situación de precariedade e empobrecemento no que vive unha importante parte da cidadanía.

Fronte a isto o Goberno Municipal respondeu con descualificacións, ameazas e represión policial, co fin de acalar unha protesta xusta e necesaria.

Logo de sufrir as sancións, as imputacións e a violencia institucional por parte do Alcalde e os seus concelleiros, non imos tolerar as graves descualificacións feitas publicamente pola Srª Silva. Por iso presentaremos na vindeira semana unha denuncia penal colectiva asinada por ducias de persoas que estamos a loitar nos últimos meses en contra da dilapidación de cartos públicos en obras faraónicas, mentres miles de veciñas sofren o empobrecemento que unhas políticas sociais municipais deficientes non son quen de solucionar.

AA de Coia

http://www.diarioliberdade.org/galiza/institucional/55275-assembleia-aberta-de-coia-denunciar%C3%A1-a-vice-presidenta-da-c%C3%A1mara-de-vigo,-carmela-silva,-por-cham%C3%A1-la-nazi-e-violenta.html

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More