As disxuntivas
No hay mejor revulsivo que aquel que, sin que produzca rechazo, te lleva directamente al convencimiento de que eres tú, por ti mismo, quien se cura. Y ahí os va, como ejemplo.
Otra forma de opinar, ya muy pasada de moda, pero efectiva, a mi entender, es la del método socrático, sobre el cual quiso ilustrarnos el filósofo Platón mediante los famosos diálogos que atribuyo a su maestro. No hay mejor revulsivo que aquel que, sin que produzca rechazo, te lleva directamente al convencimiento de que eres tú, por ti mismo, quien se cura. Y ahí os va, como ejemplo. Aunque ya fue publicado en La Voz de Barbanza, tal cual, si exceptuamos lo que aparece en negrita; que va porque aquí bien cabe y tampoco sobra.
A CARABINA
(23-01-2015)
As disxuntivas.
Por sacalo da confusión maldicente (popaganda negativa interesada) que o PSOE e o PP sementan constantemente sobre os eidos de Podemos. Achegouse a carón del e explicoulle deste xeito.
Convirás comigo, Hipolito, que todo estado organizado contén formas de poder. Que a organización é, por definición, o establecemento de relacións apropiadas entre as diversas partes, en orde a un fin común. Pero que estas relacións non se establecen en réxime de igualdade. Existen elementos dirixentes e elementos de base.
O funcionamento dos Partidos Comunistas responde a eses canons; coa súa identidade, definíndose a si mesmos como vangardas do proletariado, con respecto ó resto da sociedade. Marchan sempre, respondendo, como un exército, en función da dirección, en avance ou retirada. Buscan abolir o Estado.
Agora ben, non só deberá aceptarse por defecto que os dirixentes sexan os elementos máis valiosos e capaces, senón que é inxenuo pensar que non van imprimir a súa pegada persoal de forma preferente –que non exclusiva– sobre toda a organización.
O Capitalismo é unha forma avanzada de poder fundamentada na extorsión económica. Necesita de unidades económicas inferiores, ó límite das súas posibilidades, para poder impórllelas esixencias. Por iso necesita capitalizarse constantemente, manténdose dunha estratexia afín á usura, se é que non ven sendo idéntica.
Pero, por se non se trata de cubrir necesidades materiais a niveis excesivos, non permisivos. E xa que esta economía non funciona nun círculo cerrado, senón que é susceptible de extensión, en expansión constante, dentro dela é posible imaxinar un estado social no que unha distribución equilibrada dos produtos económicos dea marxe suficiente para o desafogo das clases oprimidas, sen que as opresoras teñan que sufrir mingua sensible.
Outras formas de sociedade, non definidas en termos organizativos, poden ser unha bandada de paxaros ou un banco de sardiñas. Estas formas sociais, pouco desenvolvidas e sen mandos, teñen o seu interese na tumultuosa aparencia de organismo único e inabarcable para os seus depredadores.
Non hai máis alternativas. Realmente, nin no século pasado, nin agora, no que vai do XXI, a humanidade nin viviu nin albiscou ningunha outra experiencia que, superando as anteditas, lle valese para seguir evolucionando, aínda a pesar dos fallos, ou de etapas non cubertas. Entón, ti verás, amigo, en cal das tres disxuntivas situamos a Podemos.