Publicado en: 17 octubre, 2015

As condicións da unidade

Por Herminio

A pesar de su indudable cariz subversivo, según me comunica su autor, aun con las referencias a I. U. y Podemos, este artículo es, meramente, el fruto de una experiencia vivida en un ámbito pueblerino.

Por Herminio

A pesar del indudable cariz subversivo con el que mi amigo Ambrosio ha querido re-vestir su artículo de opinión, éste se ha visto publicado –cual va aquí para Kaos– en la edición de Barbanza de La Voz de Galicia. Según me comunica su autor, aun con las referencias a I. U. y Podemos, el contenido del artículo es, meramente, el fruto de una experiencia vivida en un ámbito pueblerino. Por mi parte, espero que también despierte cierto interés entre los lectores de la prensa alternativa, de Kaosenlared, en este caso.

A CARABINA
16-10-2015
As condicións da unidade

Pregúntaste como é posible que as forzas actuais, Izquierda Unida e Podemos, que se din representar outra esquerda alternativa, contestataria ó sistema –por darlles dous ad-xectivos que as distinga das que onte eran do PSOE, porque estas avellaron e xa non dan para máis– non desen en acadar a candidatura única da unidade popular que as leve a conseguir, nas próximas eleccións, o derribo do Goberno da nación, para despois poder lograr a ruptura co réxime da Transición dado no ano 78 deste século pasado.

Diso mesmo, digo eu que nunca ninguén dou unido nada, e menos sen pegamento, se, en verdade, sexan os que sexan eses, quen unen, queren romper. Ou ben entre eles menten, sen saber disimular que a intención, máis que de querer romper, e de querer continuar, despois de todo, en por eles, dando a nota separados.

¿Que como cheguei a tal? É moi fácil de explicar. Máis dura foi a experiencia, pero é doado espremela para ti, para que te chegue clara.

Para que se dea a unidade das forzas dispostas para o derribo, a primeira condición é ter claro ó inimigo común, cal a súa natureza, a forza que o mantén, a dimensión da opresión e como se exerce esta pola parte dominante sobre o campo de dominio.

A segunda é ter un plan concreto sobre as loitas que hai que dar, cando, onde, quen e como dalas, para acadar a estratexia previamente definida, aprobada, e aceptada, ade-mais, polas forzas que se incorporen á mesma nas ocasións dos avances.

E a terceira é ter máis claro, entre as forzas máis dispostas, o único compromiso de che-gar ata o final: Que nunca o mero derribo do inimigo máis visible pode ser o obxectivo principal, senón só a condición que dá paso a alternativa real, da que se verá ó final, de entre as forzas actuantes, quen haberá representala.

Obviamente, sen descartar o sostén da disciplina unitaria, no proceso e en xeral, como imprescindible táctica das accións que se acordaran baixo ditas condicións. Precisamen-te, sen elas, a unidade popular só será un soño frustrante, directo cara á derrota.

AMBROSIO CASENADA.

-->
COLABORA CON KAOS